18.2.12

Ninguén (de Fran Alonso). Cuestionario

Imaxe: Xerais.
CUESTIONARIO para o club de lectura de Ninguén (Fran Alonso, Vigo, Xerais, 2011).

  1. Enumera e comenta as características xerais dos protagonistas dos relatos de Ninguén.
  2. Describe o tratamento do espazo literario nos relatos desta obra.
  3. Comenta as principais filias e fobias que padecen os personaxes de Ninguén.
  4. Describe a “vida rutinaria” á luz da lectura dos relatos.
  5. O papel da tecnoloxía nesta obra.
  6. Partindo da lectura da obra, ¿que crítica lle podes facer ás novas tecnoloxías?
  7. ¿Que podes dicir dos casos de tolemia e tendencia autodestrutiva que atopas nestes relatos?
  8. Enumera os temas tratados nos hoax e comenta o seu enfoque.
  9. Dá unha interpretación plausible do estraño relato titulado “Home Vello e Muller Vella”.
  10. Analiza a estrutura de Ninguén.
  11. Baseándote nos relatos desta obra, describe as relacións paternofiliais na sociedade moderna.
  12. Comenta a visión da emigración que se dá na obra.
    Foto: Xerais.
  13. Comenta a linguaxe empregada na obra, especialmente a adecuación ó mundo que se nos describe.
  14. Cada relato ten os seus personaxes, pero hai algúns que traspasan esa fronteira para estableceren relacións con outros personaxes. Averigua quen son e como é a relación establecida entre eles.
  15. ¿Poderías dar unha descrición da vida laboral a partir da lectura de Ninguén?
  16. En Ninguén atopamos personaxes con nome e outros sen el. Analiza este aspecto e comenta se poder ter algunha relación coa temática da obra ou coas características dos propios personaxes.


Etiquetas: , , ,

Ningún comentario: