Roberto Vidal Bolaño, 40 anos de Laudamuco, señor de ningures
O 16 de maio de 1978 o teatro galego entrou nunha dimensión descoñecida. Ese día, a función de Laudamuco, señor de ningures en La Salle (Santiago de Compostela) supuxo o inicio do camiño profesional da escena despois do franquismo (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 01-06-2018).
Nacho Carretero, Farinha
Farinha, o polémico livro que trata a história do narcotráfico galego, pode-se já comprar na sua edição portuguesa recentemente apresentada pola Desassossego (Sermos Galiza, 01-06-2018)
Manuel Rivas, Contra todo isto. Un manifesto rebeldeO 16 de maio de 1978 o teatro galego entrou nunha dimensión descoñecida. Ese día, a función de Laudamuco, señor de ningures en La Salle (Santiago de Compostela) supuxo o inicio do camiño profesional da escena despois do franquismo (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 01-06-2018).
Nacho Carretero, Farinha
Farinha, o polémico livro que trata a história do narcotráfico galego, pode-se já comprar na sua edição portuguesa recentemente apresentada pola Desassossego (Sermos Galiza, 01-06-2018)
- "O livro que foi proibido em Espanha": "Con esta lenda complétase en Portugal a portada de Farinha, a obra do xornalista galego Nacho Carretero secuestrada xudicialmente no Estado e que desde este venres pode ser adquirido na outra beira do Miño" (Praza Pública, 01-06-2018).
O libro arrinca cunha palabra que actúa como unha especie de dínamo que mobiliza o resto das palabras. A Vergoña. A palabra Vergoña (entrevista de X. M., Sermos Galiza, 03-06-2018).
Antón Blanco Casás, Tres estudos para un poema da cidade
En Tres estudos asistimos á delimitación da cidade, desde a súa orixe até que se devora a si mesma, desfigurada nos seus propios conflitos (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 03-06-2018).
Marga Tojo, Cara de velocidade
Cara de velocidade es el resultado de acudir a la literatura como bálsamo, refugio y bitácora de la superación de "H", a superheroína con superpoderes que protagoniza estos versos urbanos [...] (El Correo Gallego, 06-06-2018).
- "Cara de velocidade gañou o X Premio de poesía para nenas e nenos Ciudad de Orihuela e foi publicado pola editorial Kalandraka o pasado mes de marzo. Unha obra escrita inicialmente en lingua galega e posteriormente traducida ao castelán para participar neste certame que loa a figura de Miguel Hernández" (Raquel Senra, El Correo Gallego, 24-06-2018).
As case un cento de estampas do libro, cun pé nas Cousas de Castelao e outro no “memorialismo fragmentario do seu admirado Eduardo Galeano” detéñense en Cádiz, cando Neira Vilas acaba de facer 20 anos e embárcase en dirección a América (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 10-06-2018).
Jules Verne, 20.000 leguas baixo dos mares
As aventuras subacuáticas do Capitán Nemo abrirán a primeira colección en galego de lectura fácil. Adaptado pola Asociación Xoán XXIII de Pontevedra, as 20.000 leguas baixo dos mares, o clásico de Jules Verne publicado orixinalmente entre 1869 e 1870, abrirá unha serie de seis títulos que, da man da Editorial Galaxia, achegarán os libros a persoas con dificultades lectoras [...] (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 12-06-2018).
Pedro Feijoo, Sen piedade
[...] A idea era facer unha road movie para rapaces, pero tan pronto como entrei na historia deime conta que o que estaba narrando non era para eles; o único que tiña de xuvenil era que os protagonistas eran rapaces. Pero o formato capitular quedou. Na historia empezou a aparecer outro discurso que, en realidade, son eu axustando cuestións pendentes comigo mesmo (entrevista de Jorge Lamas, La Voz de Galicia, 17-06-2018).
Pilar Pallarés, Tempo fósil
“A liña xeral é a destrución dun lugar, dun tempo, dos soños dunha vida mellor”, explica Pallarés na nota remitida pola editorial Chan da Pólvora, encargada da publicación, “xa privadamente, o libro supón a crónica da aniquilación dunha familia de catro” (Sermos Galiza, 20-06-2018).
- "Pilar Pallarés falou en Chan da Pólvora do seu Tempo fósil": "A liña xeral do libro é, segundo subliñou a autora, "a destrución dun lugar" e, xa desde un ámbito privado,"a crónica da aniquilación dunha familia e a inconsistencia, a imposibilidade de deixar pegada". O punto de partida foi a destrución da casa familiar" (Mario Álvarez, El Correo Gallego, 22-06-2018).
[...] unha fábula ecoloxista protagonizada por unha faisán que ten que deixar a súa terra ante a destrución causada polos humanos (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 20-06-2018).
Patricia Mallo, Os fantom
[Premio de literatura infantil Carlos Mosteiro]
O xurado, formado por Fina Casalderrey, Blanca Ana Roig Rechou e Francisco Castro, destacou o sentido do humor da narración de Mallo, así como o seu «ritmo áxil que se ce reforzado polas situacións divertidas que van xurdindo nunha trama onde nada é o que parece ser» (X. F., La Voz de Galicia, 21-06-2018).
Deixounos Xabier P. Docampo
O escritor Xabier P. Docampo, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e un dos grandes renovadores da literatura destinada a estas idades, faleceu esta madrugada aos 72 anos de idade (El Correo Gallego, 26-06-2018).
- "A cultura galega chora o falecemento de Xabier P. Docampo" (Praza Pública, 26-06-2018).
- "Xabier P. Docampo, o escritor amigo" (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 27-06-2018).
- "Xabier, non che puiden facer o obituario" (Suso de Toro, Sermos Galiza, 27-06-2018).
- "8 vídeos para lembrar a Xabier P. Docampo" (Praza Pública, 27-06-2018).
- "A voz que prendía o lume dos contos" (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 27-06-2018).
[...] o xurado explicou que se trata "de pequenas historias de aventuras nas que se desenvolven as vidas de rapaces dunha pequena aldea galega, cun entorno natural fermoso e cheo de feitizos" (El Correo Gallego, 28-06-2018).
Lupe Gómez, Camuflaxe
Camuflaxe, explica a súa autora, é un libro "máis duro, máis amargo, e tamén máis sereno, máis decantado, pois percorre toda unha vida" (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 29-06-2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario