Imaxe Onde o aire non era brisa. Editorial Galaxia |
CUESTIONARIO
(Entre parénteses sinálanse as páxinas nas que se poden atopar pistas para posibles respostas.
- Explica a escolla lingüística da autora e as súas razóns para facela.
- A xente e os recendos (p. 25).
- Trazos xerais da mentalidade dos homes da novela (p. 15).
- Trazos xerais da mentalidade das mulleres na novela.
- Descubre os poemas que abrollan no texto da novela (pp. 16, 47, 154, 155, 156, 157).
- O medo e os medos (pp. 17, 22, 33-4).
- Describe a situación das escolas do rural.
- O sentido e a práctica da caridade (pp. 80-81, 83).
- A infancia descrita na novela.
- Describe a familia dos Coroneis e comenta o seu papel en Alcores de Donalvar.
- O mozo Santiago e o seu pai discrepan no valor que lle dan á escola. Comenta este aspecto. (Para comezar véxanse pp. 40-46).
- ¿Que valor se lle dá á literatura na obra? (Véxanse pp. 54-5).
- As mulleres roxas e as mulleres azuis. Confronta modelos (p. 56).
- Analiza na novela a institución do matrimonio. (Repara, por exemplo, na parella don Andrés / dona Paquita.)
- Os alcumes (pp. 72, 76).
- O mundo soñado de Purita (pp. 91-95).
- A presenza da morte na novela (pp. 104-5).
- Os galegos na novela (pp. 128-144).
- A folga e o terrorismo agrario (pp. 132-144).
- O simbolismo da maleta (pp. 147, 153-7).
- O desengano de Elena (p. 158).
Ningún comentario:
Publicar un comentario