Neira Vilas foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega. Premio da Crítica Española (narrativa) e Premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Entre a súa abondosa produción, destacan títulos inesquecibles da Literatura galega como A marala taravela, Aqueles anos de Moncho, De cando o Suso foi carteiro, O cabaliño de buxo, Remuíño de sombras ou Xente no rodicio unha colección de relatos nos que o autor segue explorando a vida do campesiñado galego. Capítulo especial merecen Aqueles anos do Moncho (1977), onde narra acontecementos da guerra civil nun escenario de labregos dominados polo medo; Nai (1980), tributo que o escritor lle rende á súa proxenitora , e Querido Tomás (1980) a confesión dunha mestra corentona que queda na aldea con fidelidad e resignada mentres Tomás se ve obrigado a emigrar a América (Galicia Hoxe, 31-8-09).
Luz Pozo Garza, premio Ramón Piñeiro. Lemos en Vieiros:O xurado destacou de Pozo Garza o “conxunto da súa obra literaria, centrada no compromiso estético e a matización emotiva”.
María José Montero Núñez publica Rabuñando no recordo.O Premio de Poesía Victoriano Taibo foi para Carmen Caramés (Cuarto Minguante) e para Elvira Riveiro e Silvia Penas (Biografía da multitude). Lemos no Xornal de Galicia:
Os xuíces do concurso tiveron que reunirse en dúas ocasións, o 31 de agosto e o 7 de setembro, ante a alta calidade das obras presentadas, e declararon non ser capaces de descartar ningunha das dúas gañadoras, asícomo o gran valor das outras catro que quedaron finalistas. Mª Carmen Caramés é natural de Santa Comba e traballa como mestra de Pedagoxía Terapéutica na zona do Barbanza. No seu Cuarto minguante amosa a dor dunha nai frustrada pola morte prematura do seu fillo, que invoca nos seus versos.
Poesía mapuche en lingua galega presentada por Xulio Valcárcel. A noticia recólloa en Vieiros. Non tiña que ser moito máis ca unha cita literaria, pero non sei por que me deu por imaxinar, ó lela, a cara que porían algúns conselleiros ou dirixentes de asociacións bilingües ou intelectuais dalgunha fundación para a análise social. Tampouco podo deixar de sentir mágoa por aqueles pobos ós que a historia lles caeu de cruz e non souberon darlle volta.Homenaxe a Xosé Gómez Alfaro:
A súa obra poética editada en galego comezou con Matria da néboa (1997). En 2004 obtivo o Premio Cidade de Ourense de Poesía con O clamor da Eclipse e a súa derradeira publicación foi Confiteor, un poemario publicado por Litoral das Rías (Galicia Hoxe, 16-9-09).
Sobre o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, vexamos tamén a lembranza de Xosé Gómez Alfaro que nos fan Xosé Lois García, Miguel Anxo Fernán Vello e mais Clodio González Pérez. A noticia do seu pasamento en Faro de Vigo. Recensión de Pasos cara á alba, por Irene Aragón. Noticia do acto da homenaxe a Gómez Alfaro: D. Salgado (El País).Imaxe: La Región (fotografía de Xosé Carlos Gómez Alfaro).
Ningún comentario:
Publicar un comentario