30.9.09

Mafalda, 45 anos

Sabemos polo Publico que a pequecha e rabuda Mafalda estivo de aniversario o 29 de setembro. Parabéns. O tempo non pasa por ela. Xa van alá moitos anos dende a última vez que a vin. Agora que a volvo atopar decátome do moza que está e caio tamén na conta do cuspido que resulta o pensamento de Susanita ó programa dalgún partido político.

Mafalda fala moitas linguas, pero que eu saiba o galego non é unha delas. Esperemos que pola nosa porta pase o tempo, mais non o sol, e poidamos oíla rosmar na nosa lingua. ¿Ou teremos que conformarnos coa versión inglesa e subtítulos?

Ningún comentario: