Residente privilexiada, memorias de María Casares, publicadas por Trifolium.
Éxito d' A praia dos afogados, de Domingo Villar: "É fermoso que a xente saiba do meu país polo que escribo” (Xornal de Galicia, 10-6-09)..
Rosa Aneiros, premio Xerais de novela 2009 e premio Fundación Caixa Galicia. Jacobo Fernández, premio Merlín (Xornal de Galicia, 7-6-09). O diario El País recolle tamén a noticia e dedícalle un par de artigos máis de Daniel Salgado nos que se dan as primeiras achegas ás obras galardoadas. Sol de inverno (Rosa Aneiros) é unha novela ambientada na guerra civil. Ás de bolboreta (Rosa Aneiros) trata de "historias cruzadas que acontecen nunha mañá". Mil cousas poden pasar (Jacobo Fernández) é "un libro de aventuras nun mundo fantástico". Galicia Hoxe salienta as palabras do mantedor literario do evento Agustín Fernández Paz. Podemos ver parte do acto neste vídeo de YouTube e unha entrevista coa autora no Xornal de Galicia. Outra entrevista máis en Luces (El País, 12-6-09)
A revista diocesana Amencer dedica un número monográfico á figura do poeta Aquilino Iglesia Alvariño, por mor do centenario do seu nacemento. Galicia Hoxe (13-6-09) recolle a nova da publicación do estudo de Luciano Rodríguez sobre a obra de Iglesia Alvariño. El Progreso recolle a efeméride e mais uns retallos de declaracións un tanto crípticas do secretario xeral de Política Lingüística, que tamén pasou polo acto.
Eva Moreda publica O país das bestas. Entrevista coa autora en El Progreso:
En realidad hay dos historias diferentes. Una de ellas se desarrolla en el año 1936, y cuenta más o menos algo que le pasa a un fuxido. Luego hay otra que se va desarrollando paralelamente, pero en la actualidad. En este caso una chica, una investigadora, llega a una comunidad rural donde hay dos bandos, que son los dueños de los animales que viven en estado salvaje y por otra parte están los comuneros, los dueños de las tierras donde pastan esos animales, y que tienen muchos problemas por su culpa. Ahí es donde nacen una serie de conflictos y ella se ve un poco atrapada en medio a su pesar, hasta que acaba por establecerse una conexión entre ambas historias.
Tamén atopamos unha recensión sobre esta novela no suplemento Culturas (La Voz de Galicia, 13-6-09).Bieito Romero estuda a simboloxía en pedra do país.
Santiago Cortegoso gaña o Dieste de teatro con 0,7% Molotov:
A obra desenvólvese arredor de dúas personaxes "construídas sobre tópicos como a biodiversidade ou o emprego de enerxías renovables, pero cada tópico que engaden á súa personalidade é un paso máis cara á despersonalización" (Galicia Hoxe, 18-6-09).
Mariña Pérez publica Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante: "A carón da autopoética, sitúanse neste poemario outras cuestións, como a soidade e a destrución do medio -o eldorado descuberto e maltratado-, xa tratados nas súas obras anteriores" (Galicia Hoxe, 18-6-09).Lois Pereiro, musicado.
Marcos Valcárcel, premio Otero Pedrayo.
Agustín Fernández Paz presenta Lúa do Senegal. Entrevista co autor en Faro de Vigo.
Imaxes: Xornal de Galicia (Rosa Aneiros e Jacobo Fernández); Villapol / El Progreso (Eva Moreda) e Galicia Hoxe (Mariña Pérez).
Ningún comentario:
Publicar un comentario