2.12.08

Noticias de literatura (49)

Rematou novembro e, entre outras noticias relacionadas co mundo das letras, deixounos estas:

O escritor indio Bali Rai traducido ó galego.
La Voz entrevista a Concha Blanco, gañadora do Premio Pura e Dora Vázquez de narrativa. Fala a autora da súa traxectoria literaria, da literatura infantil e lembra o Balbino das Memorias dun neno labrego pola súa capacidade para abrir os ollos.
"Máis alá dos límites editoriais" é a onde pretende ir Manuel Lourenzo González, quen continúa na rede coa novela gañadora do Premio Xerais de narrativa.
María López Sández presenta a obra coa que gañou o Premio Ramón Piñeiro de ensaio: Paisaxe e nación (A creación discursiva do territorio).
Manuel Rivas presenta o seu último libro, A corpo aberto , 199 artigos publicados no xornal El País e a revista Integral. "Rivas aborda temas como a memoria histórica, a política, os agravios lingüísticos, o cambio climático, a síndrome de Burn-out ou a vangarda do fartismo. Tamén se mergulla na paisaxe galega e rememora a catástrofe do Prestige, dende a autoridade do que o viviu en primeira liña e participou na creación de Nunca Máis. Un libro no que non renuncia ao humor e á ironía", lemos no Galicia Hoxe. Outros aspectos, como o compromiso do autor coas causas xustas, aparecen salientados no Atlantico Diario.
A Richard Burns sóanlle ben os seus versos en galego.
Cen anos cumpre Claude Lévi-Strauss, antropólogo. Desexámoslle que os cumpra gozosamente.

Imaxes de J. M. Casal (La Voz de Galicia) e Library Thing.

Ningún comentario: