29.12.08

Ollos de auga, de Domingo Villar.

A novela de Domingo Villar cóntanos a investigación dun crime levada a cabo polo inspector Leo Caldas, moi coñecido polo seu programa radiofónico dedicado a recoller as queixas da cidadanía. As pistas que lle van deixando case que o levan a cargarlle o morto a un inocente. Mais o instinto profesional do inspector e a fortuna coroan o éxito policial. Leo Caldas dá co verdadeiro asasino do saxofonista.
O lector desprázase co inspector pola cidade de Vigo e polos seus arredores; visita locais de ambiente e achégase ó mundo da alta sociedade.

  • Para saber máis sobre a novela:
  • Na páxina da Editorial Galaxia atópase unha ficha da obra e recolle unha recensión de Uxía Casal. No Boletín de novidades dáse unha pequena achega á obra e ó autor.
  • No blog Estudio en escarlata temos visión xeral da novela con recolleita de opinións de lectores.
  • O diario gratuíto 20 minutos publica unha entrevista con Domingo Villar na que se fala da novela e, especialmente, do espazo literario. Este aspecto tamén se comenta criticamente en Vigoblog. Máis entrevistas atopámolas en Gansterera, Vieiros, A Nosa Terra, Atlántico diario ,
  • Os xornais Galicia Hoxe e ABC recollen a nova da concesión do Premio Frei Martín Sarmiento e doutros galardóns xa recollidos por D. Villar.
  • Para unha degustación de Ollos de auga podemos visitar Capítulo 0.
  • O blog Liches este? achégase á novela e tamén recolle opinións de lectores.
  • O Times publica unha pequena recensión. Da versión inglesa da novela tamén atopamos referencias no Galicia Hoxe e en Lingua de amor .
  • Sobre o protagonista e o seu axudante atopamos unha boa descrición nesta páxina que nos leva a Biblioparalaia.
  • Unha achega xeral ós detectives do país vémola na Voz de Galicia. O mesmo medio boa un ollo ó humorismo terapéutico. En El País temos un artigo sobre o investigador en "Detectives de papel", artigo de Daniel Salgado.
  • Para o coñecemento da novela policial, en xeral, podemos ver Romance policial e "A tipologia do romance policial" (de Clelia Simeão Pires).

Domingo Villar, Ollos de auga, Vigo, Galaxia, 2006. (Quinta edición 2008).

Imaxes: Editorial Galaxia (foto autor) e Williams College Museum ("Morning in a City, 1944, de E. Hopper).

Ningún comentario: