Ninguén diría que detrás deste título se agocha un poemario, pero é así. Atrae a curiosidade e, asemade, resulta un punto ameazador. Hai unha trintena de anos, esta expresión era o preludio de ameazas maiores: olliño con saíres do rego, porque empezas a subverter a orde e, como sigas por ese camiño, vaiche caer o pelo. Tamén podía ser un farol, pero cando o medo voa sobre os cidadáns de a pé, mellor será pórse a cuberto.
Así e todo, aínda que a primeira ollada ó título nos traia á memoria épocas pasadas, o libro de Manuel Darriba non vai por esa derrota. Na presentación que se nos fai en Biblos, clube de lectores vemos que "nesta entrega lírica do autor brillan as luces do cotián, o pulso do diario e o sabor da experiencia do inmediato". Tal afirmación parece confirmada nada máis abrir o poemario, que comeza polo "Final":
A luz é máis espidaO levantador de minas matiza máis esa descrición xeral: "presenta descricións sinxelas de visións fugaces, materializadas en simples concatenacións de imaxes, seccionadas en versos curtos. Pinceladas leves sobre a vida cotidiana, bocetos poéticos sobre o lenzo do real".
detrás daquel saínte
(...)
Abrolla a cara sur
e un sol moi branco segue
estacionado na pedra.
Non se podería describir mellor en menos palabras. Poemas como "Espertar", "Feliz", "Mencer", "Erótica", "Crónica"... non apuntan a ningún mundo transcendente, senón á visión sinxelamente poética dun mundo e dun momento presentes. Así de "Natural":
O reflexo da lúa ignoraSalpresando a alegría de vivir, presente en moitos poemas, aparécenos a sombra do sufrimento, nomeadamente neste "Cotián" que pecha o poemario:
se o cristal está poeirento.
Non deixa de producirse.
E o peso, tan estraño
dunha meixela; a luz dos ollos.
Outro mencer esperando
a fráxil ración de día.
Vermes reptando; pólipos
camiño da gorxa; ás veces dentro.
Este ton pesimista é, cremos, predominante nun poemario que vén sendo unha "visión irónica da realidade", como podemos ler nas páxinas d'A Nosa Terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario