Deixo esta ringleira de preguntas co aviso de que vai ser revisada.
LECTURA: John Boyne, O neno do pixama a raias, Pontevedra, Faktoría K, 2007.
CUESTIONARIO
- E educación dos nenos no seo da familia. (Repárese especialmente nas páxinas 16, 58, 110, 111.)
- Comenta e valora esta expresión que aparece varias veces na novela: "Zona-prohibida-en-todo-momento-e-sen-excepción".
- Comenta o xogo que dá a coincidencia de datas de nacemento dos nenos (p. 121).
- Na novela poden establecerse dúas partes. ¿Que feito establecería a divisoria? (Cfr. cap. 10).
- "Estás do lado equivocado do aramado" (p. 120). Comenta o valor desta expresión dita polo neno do pixama.
- Describe as relacións de Bruno coa súa irmá.
- O recurso ó amigo imaxinario.
- "Estamos aquí para corrixir a historia". ¿Que personaxe pronuncia esta afirmación? Comenta o significado da mesma.
- Gretel e a autoidentificación, é dicir, nós e os outros. (Véxanse pp. 161-162.)
- O traballo como "misión" (p. 166).
- O simbolismo do aramado.
- ¿Cal puido ser o final do pai de Bruno?
- Comenta o significado que poden ter na novela as bonecas de Gretel.
- A amizade segundo Bruno.
- O neno deforma certos nomes como Fura e Ouvichs. ¿Realmente é incapaz de aprendelos ben? Comenta este extremo.
- O comandante nazi recibe de rebote a súa propia menciña. Comenta dende a óptica de lector esta técnica de efecto de espello.
- ¿Agacha a novela algunha mensaxe? (Na edición orixinal figura a indicación "unha fábula".)
- ¿Como se xustifica na novela a superioridade dunha raza sobre doutra?
- A Avoa, ¿un personaxe disidente?
- Baseándote nas insinuacións da novela, comenta as distintas saídas que se lles ofrecían ás xentes que non comungaban co réxime.
- O valor das materias de estudo segundo herr Liszt?
- Explica o punto de vista adoptado por Boyne para contarnos a historia.
- Flávio Paranhos comenta no seu blog: "John Boyne escolheu mal a idade do protagonista, ou as crianças alemãs eram imbecis no período da Segunda Guerra?". Advirte Paranhos que Boyne é irlandés.
- A técnica adoptada por Boyne esixe un alto grao de "confabulación" co lector. ¿Estás de acordo? (Non esquezas xustificar a resposta.)
- ¿Serías quen de resumir en poucas palabras a esencia da traxedia que se nos conta n' O neno do pixama a raias?
- Comenta o valor literario do destino final dos nenos.
- ¿Reparaches nas dúas fiestras ás que asoma Bruno para contemplar o mundo? Comenta este aspecto.
- Shmuel pasa fame. Bruno tamén. Mais, ¿de que ten fame Bruno?
- Bruno diríxese ós pais como Padre e Madre. Comenta este tratamento. Compárao co que emprega Shmuel. (Por certo, ¿este rapaz fala dos dous?)
(Capa do libro tirada da páxina da editorial.)
1 comentario:
nossa muitas perguntas.
Publicar un comentario