31.3.13

Noticias de literatura-135. Marzo 2013

Fernández Ferreiro, autor de títulos como Agosto do 36 ou Morrer en Castrelo de Miño e que foi xornalista na Redacción de La Voz de Galicia, lerá un discurso titulado Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas, no que analizará as distancias e coincidencias entre dous oficios paralelos que non sempre acaban por encaixar (La Voz de Galicia, 2-03-2013).
Yolanda Castaño, Verdedades:
Composto de cincuenta e tres cuartetas octosilábicas de rima frecuentemente asonante, recupera un modelo estrófico popular que lembra ás coplas e adiviñas do acervo oral e que resulta próximo e atractivo para o lector infantil que se inicia no xénero poético (El Correo Gallego, 05-03-2013).
Fernández del Riego, un pradairo e unha placa na súa memoria:
Francisco Fernández del Riego conta dende onte luns cunha placa identificativa coa que recoñecer e manter para sempre viva no campus a memoria de quen foi 1º Doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo. "Unha portentosa personalidade, modélica nas súas actitudes, sempre coherente cos seus principios, expresión rigorosa dunha inmensa talla ética, que dedicou toda a súa vida a Galicia e singularmente á cidade de Vigo", subliñou intres antes do descubrimento da placa, o presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz (El Correo Gallego, 05-03-2013).
Claudio Rodríguez Fer presenta Tigres de ternura /Tender tigers en Nova York:
Tigres de ternura foi o segundo poemario de Fer e xa amosaba algunhas das temáticas dos case vinte libros de poesía que virían despois: o amor natural, a sedución a través dos versos, o erotismo, a sensualidade, en definitiva o amor como algo persoal, libertario e íntimo (La Voz de Galicia, 06-03-2013).
Carlos G. Reigosa presenta A vitoria do perdedor:
Carlos G. Reigosa 
Foto: La Voz de Galicia
ha tratado de hacer "una reflexión" sobre "cómo la violencia destroza a las personas y cómo lleva detrás otra violencia, que es la revancha" (El Correo Gallego, 12-03-2013).
Méndez Ferrín, premio Otero Pedrayo:
Na súa argumentación do premio, o xurado subliña que Méndez Ferrín, ao longo da súa "rica biografía literaria", destacou como poeta, narrador, novelista e ensaísta, e demostrou "rigor e compromiso abondo para iluminar unha paisaxe propia e fermosa, múltiple e posta ao día" (Galicia Hoxe, 19-03-2013).

16.3.13

Lembranza de Roberto Blanco Torres

Imaxe: Galicia Hoxe
Atopamos a noticia desta celebración no Galicia Hoxe (16-03-2013). Roberto Blanco Torres -xornalista, escritor, político- foi un home de claro compromiso ético coa sociedade e co país. A voráxine que percorreu España canda o Alzamiento deixouno tirado nun foxo. Facerlle sitio na nosa memoria é un acto de xustiza; ler e estudar a súa obra, unha práctica saudable, especialmente nestes tempos en que a preocupación máis grande empeza a ser se teremos un anaco de touciño para o mediodía. Blanco Torres non estivo cego nin calado ante situacións parecidas. A el calárono, pero a súa obra aínda ten moito que dicirnos.

2.3.13

Noticias de literatura-134. Febreiro 2013

Miro Villar publica Breizh (Toxosoutos, 2012):
é a bitácora desa singradura polas laxes abisais, unha viaxe que logra facer das dúas terras [Galicia e Bretaña] unha soa, unidas moi por abaixo, no fondal do mar (El Correo Gallego, 08-02-2013).
Foto: La Voz de Galicia
Tuits polo Principiño:
E o xurado «achou que os traballos de Patricia Blanco, pola súa variedade, carga poética e relación con O principiño eran os merecentes claros do premio», indicaron desde a editorial (La Voz de Galicia, 08-02-2013).

O cranio de Castelao, novela escrita por once mans da lusofonía:
A desaparição do crânio de Castelao unirá os países da lusofonia na construção duma obra conjunta que nasceu no histórico encontro Latim em Pó que teve lugar há uma dúzia de anos em Compostela (Sermos Galiza).
Imaxe: Editorial Galaxia
Ramón Otero Pedrayo, Xeórxicas do pan:
A Editorial Galaxia, a Fundación Penzol e a Universidade de Vigo presentou en sociedade a edición conxunta de tres versións de "Xeórxicas do Pan", un longo poema de máis de 2.000 versos inéditos de Ramón Otero Pedrayo (Galicia Hoxe, 17-2-2013).
Lembranza de Francisco Fernández del Riego:
Fernández del Riego cumpriría este ano o seu centenario, motivo polo que distintos organismos conmemoran ao longo do 2013 a vida do insigne galeguista (La Voz de Galicia, 17-2-2013).

15.2.13

Roberto Vidal Bolaño. Achegas na rede

Roberto Vidal Bolaño. Foto: Galicia Hoxe
Designación para as Letras 2013

Achegas ó autor

Imaxe: robertovidalbolano.org


Efemérides


Roberto Vidal Bolaño. Achegas na rede-2.

13.2.13

Dime algo sucio. Léxico-2

Para o grupo de lectura de Dime algo sucio (de Diego Ameixeiras).
O exercicio consiste en atinarlle co significado ás palabras que se sinalan no test.
Pode facerse en liña na ligazón indicada.

11.2.13

Roberto Vidal Bolaño. Mar revolto

Imaxe
 centroculturalporrino.com
Baixo o título simbólico de Mar revolto Vidal Bolaño cóntanos a historia do secuestro do Santa María segundo a experiencia dun grupo de pasaxeiros de terceira clase. Ao espectador chégalle a historia en diferido e cando xa é un conflito resolto. No tempo do espectador os personaxes falan “con alguén a quen non vemos” ou “co mesmo ou con outro descoñecido a quen seguimos sen ver”, pero tampouco se pode dicir que os protagonistas dos feitos os vivisen dunha forma directa, salvo María e Mans de Prata que, por razóns de traballo, chegan a andar cerca dos revolucionarios. O resto dos ocupantes do camarote saben dos acontecementos a través dos altofalantes, da información de María, dos dixomedíxomes e da radio das ditaduras ibéricas, na que non acreditan moito.
Á parte do feito histórico, os personaxes amósannos a esperanza de que o idealismo revolucionario traia un aire novo para as súas vidas. Ata que o Santa María non se convertera en Santa Liberdade as cubertas do barco eran estancas segundo a clase social, salvo para María, que servía na alta e vivía na baixa. O control do trasatlántico polos revolucionarios democratizou as cubertas, polo menos así o ve o carteirista. A Regina permítelle realizar o soño dun baile nun salón de luxo e liberarse, aínda que sexa só un momento, das gadoupas do marido miserable.
Así e todo, cando comeza a representación xa sabemos que todo fora un fermoso soño e que as augas da historia e da ficción volveran ao vello rego.
A peza está inzada de elementos simbólicos entre os que destacan os nomes do barco e a carteira roubada dun revolucionario con documentos persoais, un poema a medio facer e nin un só billete, isto é, moita preparación e idealismo a rebordar, xente que non pensa en si mesma.


Imaxe
ruc.udc.es/dspace/handle/2183/7270

Mar revolto é unha obra de encarga (p. 15) que puña en marcha “un proxecto de coprodución teatral galego-portuguesa”, en palabras de  Manuel Guede, quen engade que se procuraba “un espazo ficcional común, a pescuda dun imaxinario galego-portugués”. Outro dos condicionantes da obra foi o aspecto económico -unha constante na traxectoria teatral do noso autor- que determinaba un número preciso de seis personaxes.

Sitiografía

_________________________________________
Roberto Vidal Bolaño, Mar revolto. IGAEM, 2001. Estudo crítico de Inma López Silva.

3.2.13

Noticias de literatura-133. Xaneiro 2013

Manuel Rivas entrevistado por Carme Vidal:
Este libro [As voces baixas] non xorde dunha análise, dun proxecto racional, senón dunha estraña obriga e cando iso acontece, normalmente sae ben. Nace nun lugar que non sabes onde está, dentro túa pero tamén nun alma externada, como dicían nalgunhas culturas cando a xente para protexerse tiña dúas almas, unha interna e outra que pertencía á comunidade. Non me gusta o termo autobiografía. O que ten de biografía é de biografía dos outros ou, en todo caso, de biografía dun a través dos outros. O narrador é individual máis tamén plural, cheo de voces (Sermos Galiza).

Imaxe: Praza pública
Isaac Díaz Pardo homenaxeado no primeiro cabodano:
Poetas, músicos e "blasfemos  renderon un sentido tributo á herdanza cultural e intelectual do multifacético galeguista Isaac Díaz Pardo, falecido o 5 de xaneiro de hai un ano (Galicia Hoxe, 06-01-2013).
Lembranza de Francisco Fernández del Riego:
a editorial galega abrirá un blog na súa web (www.editorialgalaxia.com), no que se irá recollendo material sobre a obra e a figura do galeguista que o vindeiro luns cumpriría cen anos (La Voz de Galicia, 05-01-2013).
O neno e o can (Fina Casalderrey/Francisco Castro) na lista do Ibby:
O libro galego, publicado no 2012, e no que se contan historias de cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo, a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos ou a discriminación de quen é diferente por calquera motivo, logra desta maneira un gran recoñecemento internacional (La Voz de Galicia, 11-01-2013).
Fina Casalderrey 
Imaxe: Praza pública/ páxina web da autora
Fina Casalderrey entra na RAG:
Fina Casalderrey, natural de Pontevedra, é un dos grandes nomes da literatura galega con arredor de cincuenta títulos publicados. A súa primeira aportación á escrita dos máis novos foi Mutacións Xenéticas en 1991. En 1996 Os misterios dos fillos da Lúa outorgoulle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Na súa traxectoria atópanse tamén tres singulares libros de recompilación de gastronomía tradicional, escritos canda o seu compañeiro Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galiza e Repostería en Galiza (Sermos Galiza, 19-01.2013).

Marilar Aleixandre presenta A vaca caníbal:
Brensa, a vaca protagonista, conta en primeira persoa como se desenvolve a vida na aldea, o seu proceso de aprendizaxe desde que é unha xovenca, a relación cos rapaces da familia, as trasnadas, os consellos de súa nai e tamén os castigos recibidos (El Correo Gallego, 22-01-2013).
Foto: Galicia Hoxe/ Uvigo
Agustín Fernández Paz, Honoris Causa:
Por todos os seus “méritos vitais, literarios, humanísticos e universais; por ser un narrador elegante e absolutamente comprometido coa defensa da lingua; por ser unha persoa coherente que buscou sempre transformar a sociedade desde a escola pública e se implicou na vangarda da renovación pedagóxica; por ser un dos narradores galegos máis universais, un dos mellores facedores de lectores, coñecido dentro e traducido fóra, por ser un exemplo de ética e dinamismo ao servizo da terra nosa e da terra enteira…” (Galicia Hoxe, 28-’1-2013).