3.2.13

Noticias de literatura-133. Xaneiro 2013

Manuel Rivas entrevistado por Carme Vidal:
Este libro [As voces baixas] non xorde dunha análise, dun proxecto racional, senón dunha estraña obriga e cando iso acontece, normalmente sae ben. Nace nun lugar que non sabes onde está, dentro túa pero tamén nun alma externada, como dicían nalgunhas culturas cando a xente para protexerse tiña dúas almas, unha interna e outra que pertencía á comunidade. Non me gusta o termo autobiografía. O que ten de biografía é de biografía dos outros ou, en todo caso, de biografía dun a través dos outros. O narrador é individual máis tamén plural, cheo de voces (Sermos Galiza).

Imaxe: Praza pública
Isaac Díaz Pardo homenaxeado no primeiro cabodano:
Poetas, músicos e "blasfemos  renderon un sentido tributo á herdanza cultural e intelectual do multifacético galeguista Isaac Díaz Pardo, falecido o 5 de xaneiro de hai un ano (Galicia Hoxe, 06-01-2013).
Lembranza de Francisco Fernández del Riego:
a editorial galega abrirá un blog na súa web (www.editorialgalaxia.com), no que se irá recollendo material sobre a obra e a figura do galeguista que o vindeiro luns cumpriría cen anos (La Voz de Galicia, 05-01-2013).
O neno e o can (Fina Casalderrey/Francisco Castro) na lista do Ibby:
O libro galego, publicado no 2012, e no que se contan historias de cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo, a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos ou a discriminación de quen é diferente por calquera motivo, logra desta maneira un gran recoñecemento internacional (La Voz de Galicia, 11-01-2013).
Fina Casalderrey 
Imaxe: Praza pública/ páxina web da autora
Fina Casalderrey entra na RAG:
Fina Casalderrey, natural de Pontevedra, é un dos grandes nomes da literatura galega con arredor de cincuenta títulos publicados. A súa primeira aportación á escrita dos máis novos foi Mutacións Xenéticas en 1991. En 1996 Os misterios dos fillos da Lúa outorgoulle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Na súa traxectoria atópanse tamén tres singulares libros de recompilación de gastronomía tradicional, escritos canda o seu compañeiro Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galiza e Repostería en Galiza (Sermos Galiza, 19-01.2013).

Marilar Aleixandre presenta A vaca caníbal:
Brensa, a vaca protagonista, conta en primeira persoa como se desenvolve a vida na aldea, o seu proceso de aprendizaxe desde que é unha xovenca, a relación cos rapaces da familia, as trasnadas, os consellos de súa nai e tamén os castigos recibidos (El Correo Gallego, 22-01-2013).
Foto: Galicia Hoxe/ Uvigo
Agustín Fernández Paz, Honoris Causa:
Por todos os seus “méritos vitais, literarios, humanísticos e universais; por ser un narrador elegante e absolutamente comprometido coa defensa da lingua; por ser unha persoa coherente que buscou sempre transformar a sociedade desde a escola pública e se implicou na vangarda da renovación pedagóxica; por ser un dos narradores galegos máis universais, un dos mellores facedores de lectores, coñecido dentro e traducido fóra, por ser un exemplo de ética e dinamismo ao servizo da terra nosa e da terra enteira…” (Galicia Hoxe, 28-’1-2013).

Ningún comentario: