Atopamos a
noticia desta celebración no
Galicia Hoxe (16-03-2013).
Roberto Blanco Torres -xornalista, escritor, político- foi un home de claro compromiso ético coa sociedade e co país. A voráxine que percorreu España canda o Alzamiento deixouno tirado nun foxo. Facerlle sitio na nosa memoria é un acto de xustiza; ler e estudar a súa obra, unha práctica saudable, especialmente nestes tempos en que a preocupación máis grande empeza a ser se teremos un anaco de touciño para o mediodía. Blanco Torres non estivo cego nin calado ante situacións parecidas. A el calárono, pero a súa obra aínda ten moito que dicirnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario