Fernández Ferreiro, autor de títulos como Agosto do 36 ou Morrer en Castrelo de Miño e que foi xornalista na Redacción de La Voz de Galicia, lerá un discurso titulado Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas, no que analizará as distancias e coincidencias entre dous oficios paralelos que non sempre acaban por encaixar (La Voz de Galicia, 2-03-2013).
 |
| Foto: P. Rodríguez/La Voz de Galicia |
Xosé Fernández Ferreiro entrevistado por Rodri García (La Voz de Galicia, 04-03-2013).
-
-
-
-
Composto
de cincuenta e tres cuartetas octosilábicas de rima frecuentemente
asonante, recupera un modelo estrófico popular que lembra ás coplas e
adiviñas do acervo oral e que resulta próximo e atractivo para o lector
infantil que se inicia no xénero poético (El Correo Gallego, 05-03-2013).
Fernández del Riego, un pradairo e unha placa na súa memoria:
Francisco
Fernández del Riego conta dende onte luns cunha placa identificativa
coa que recoñecer e manter para sempre viva no campus a memoria de quen
foi 1º Doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo. "Unha portentosa
personalidade, modélica nas súas actitudes, sempre coherente cos seus
principios, expresión rigorosa dunha inmensa talla ética, que dedicou
toda a súa vida a Galicia e singularmente á cidade de Vigo", subliñou
intres antes do descubrimento da placa, o presidente da Fundación
Penzol, Alfonso Zulueta de Haz (El Correo Gallego, 05-03-2013).
Tigres
de ternura foi o segundo poemario de Fer e xa amosaba algunhas das
temáticas dos case vinte libros de poesía que virían despois: o amor
natural, a sedución a través dos versos, o erotismo, a sensualidade, en
definitiva o amor como algo persoal, libertario e íntimo (La Voz de Galicia, 06-03-2013).
ha
tratado de hacer "una reflexión" sobre "cómo la violencia destroza a
las personas y cómo lleva detrás otra violencia, que es la revancha" (El Correo Gallego, 12-03-2013).
Na
súa argumentación do premio, o xurado subliña que Méndez Ferrín, ao
longo da súa "rica biografía literaria", destacou como poeta, narrador,
novelista e ensaísta, e demostrou "rigor e compromiso abondo para
iluminar unha paisaxe propia e fermosa, múltiple e posta ao día" (Galicia Hoxe, 19-03-2013).
Ningún comentario:
Publicar un comentario