5.8.12

Noticias de literatura-127. Xullo 2012

Foto: El País.
Xesús Alonso Montero publica Castelao na Unión Soviética en 1938:
A esa “piltrafa” le ha dedicado Xesús Alonso Montero las poco más de 200 páginas de su último libro, publicado en junio por Xerais. Castelao na Unión Soviética en 1938 no se esconde. Al contrario, gasta un subtítulo más que elocuente, Filocomunismo e prosovietismo de Castelao nos anos da Guerra Civil, y comenta un conjunto de textos, algunos inéditos y otros poco conocidos, “exhumados tardíamente y con deficiencias”, insiste el compilador, que retratan el periodo “marxistizante” de un artista e intelectual que sin embargo jamás militó en un partido proletario (Iago Martínez, El Pais, 30-06-2012).
Xabier P. Docampo fala da reedición d’ A nena de auga e o príncipe de lume:
Publicada por primeira vez en 1989, A nena de auga e o príncipe de lume é un libro infantil composto por contos individuais, que se estruturan co mesmo procedemento compositivo, isto é, todas as historias presentan un conflito inicial, representando por dous estados opostos, que é solucionado pola transformación e poder da esfera do marabilloso (El Correo Gallego, 10-07-2012).
Imaxe do blog da Editorial Trifolium.
Elena Poniatowska inicia con Lilus Kikus unha nova colección en Trifolium:
Lilus Kikus é como todas as nenas do mundo –en particular, as de antes-, mais non todas as nenas do mundo son como Lilus Kikus. Lilus é unha nena que fai, e pensa, e di o que todas as nenas penetrantes e inocentes. Porén, cando Lilus se pregunta a quen pertenece unha lagarta que ve todos os días, Lilus está a facer unha pregunta fundamental (do blog da editorial).
Henry David Thoreau, Camiñando (Axóuxere Editora):
Elva Souto se ha encargado de traducir esta obra datada en 1861 y concebida originalmente para su lectura en público. “Siguiendo su propia actitud vital, el autor de Walden revisita lo salvaje como sinónimo de libertad y hace una crítica de la domesticación del ser humano y del exceso de normativización de la vida en sociedad”, argumenta el editor Rafa Xaneiro. “Hay dos razones que explican por qué Thoreau es todavía actual: su absoluta coherencia entre el pensar y el actuar, que tanto echamos de menos, y su lucidez, porque vio hace 150 años lo que hoy estamos viviendo” (Iago Martínez, El País, 09-07-2012).
Víctor F. Freixanes: edición de Cabalo de ouros en castelán:
Esta novela é un retrato coral dunha "dura época", segundo indicou o autor este martes en declaracións a Europa Press, na que unha partida de cartas que se prolonga durante tres días e tres noites serve como "parábola" dun "mundo que se vai e que desaparece" (Galicia Hoxe, 11-07-2012).
Rosalía de Castro: conmemoración do 127º aniversario do pasamento:
Un activismo artellado ao redor da necesidade de fuxirmos do tópico da poeta que lle canta aos ríos, ás fontes e aos sentimentos para centrármonos na outra poeta, na rebelde, na que foxe dos xugos do seu home para porlle voz a un feminismo que non encaixaba co conformismo dos anos nos que lle tocou vivir. Ao redor tamén do desexo de reivindicármos a Rosalía nacionalista, a que escribiu aquelo de 'Pobre Galicia non debes chamarte nunca española, que España de ti s'olvida', e moitas outras palabras que non veñen nos libros de texto (Sermos Galiza, 15-07-2012).
Manuel Rivas entrevistado por Ángeles F. Maira (Galiciaé, 17-07-2012).

Alberto Alonso e Xurxo Torres presentan O horizonte da raíña:
Os autores explicaron en rolda de prensa que marcaron a pauta argumental -de feito, o libro comeza polo final- e o contexto histórico en que se desenvolve a trama, e que deixaron en mans dos lectores ata oito decisións de por onde tiña que discorrer a historia para chegar ao desenlace prefixado (Galiciaé, 18-07-2012).
Ramón Nieto gaña con As lavandas adáptanse a todo erro de navegación o González Garcés de Poesía:
O xurado [...] valorou da obra gañadora "o dominio do ritmo, a destreza no emprego das formas poéticas, a súa riqueza cultural e a forza metáfora das rimas" (Galicia Hoxe, 19-07-2012).
Foto: El País.
Francisco Pillado fala de teatro con Óscar Iglesias por mor da MIT:
“Un cielo tan cargado no despeja sin tormenta”, escribió Shakespeare, y esto igual. Pero si conseguimos superar el franquismo... Conviene acordarse de cuando Cunqueiro estrenó el Don Hamlet en 1959 en A Coruña... El censor Serrano Castilla le devuelve el texto a Avilés de Taramancos, ayudante de dirección, con la siguiente advertencia: “A este Hamlet me lo llevo yo al paredón”. Nos hurtaron la historia, cuando empecé con Manuel Lourenzo en O Facho pensábamos que sólo había dos obras de teatro en gallego, la de Cunqueiro y Os vellos non deben de namorarse (El País, 20-07-2012).
  • Máis sobre a MIT (El País, 20-07-2012)

16.7.12

Birgit Vanderbeke. Mexillóns para cear

Imaxe: Rinoceronte.
“Que ese serán houbese mexillóns para cear non foi nin coincidencia, un pouco raro si, pero está claro que un sinal non foi, e non como o temos dito despois daquilo, pero seguro que non foi presaxio ningún, e coincidencia tampouco” (p. 7). 
Mais en realidade foi un pouco de todo, aínda que os protagonistas da historia non o preparasen conscientemente. Os mexillóns estaban na mesa, porque esta familia celebraba os seus grandes acontecementos con este marisco que lle encantaba ó pai e mais ó fillo. Desta volta a familia agarda a chegada do pai, que posiblemente lles comunique un ascenso na empresa para a que traballa. Mais ocorre un feito insólito na vida familiar: o pai non cumpre coa súa puntualidade xermánica e non dá chegado á hora prevista. Mentres agardan (das 6 ás 10 da noite), nai e fillos van falando do ausente, e ante os ollos do lector ese competente profesional, pai e marido cabeza dunha “familia como debe ser”, vaise convertendo nun tirano, un maltratador, un ser abxecto que paga as súas frustracións coa propia familia. A conversa que manteñen no tempo de espera, mentres arrefrían os mexillóns, convértese nun xuízo ó pai sen concesións.
Foto: Brigitte Friedrich
Cando o teléfono interrompe a conversa e sobresalta os comensais, o lector sospeita que chegou o desenlace. A nai érguese para contestar, pero non  colle o aparello; bota os mexillóns no lixo e manda o fillo a tiralos fóra. Verdadeiramente pouco importa o que lle teña pasado ó pai. O que importa é a decisión que toma o grupo como desafío ó abuso de poder. Non se sabe o ocorrido, porque o que importa é a ruptura co concepto de “familia como debe ser”. Esa cea sen pai, na que o seu menú favorito acaba no lixo, foi a máis gozosa para a nai e os fillos apouvigados, porque nesa escena final indican ó lector que decidiron tomar o goberno das súas propias vidas.
O estilo co que se nos conta esta historia semella algo obsesivo, pero axeitado ó tempo de espera (catro horas). A autora emprega frases envolventes que manifestan, por un lado, a sorpresa que lles causa o feito insólito e, por outro, retoman o tema de reflexión.


Sitiografía


Birgit Vanderbeke, Mexillóns para cear. Cangas do Morrazo, Rinoceronte, 2010.

3.7.12

Noticias de literatura-126. Xuño 2012

Foto: La Voz de Galicia.
Xavier Rodríguez Baixeras homenaxeado pola AELG:
A Asociación de Escritores de Lingua Galega (AELG) e o pobo de Ribadeo rendéronlle onte unha homenaxe ao poeta Xavier Rodríguez Baixeras (Tarragona, 1945). Foi na vila ribadense onde este mestre xubilado estudou as súas primeiras letras e o lugar no que se estableceu (La Voz de Galicia, 03-06-2012).
Xavier Alcalá publica Verde oliva:
Verde oliva segue os pasos de Mariana dende o seu nacemento e infancia nunha Galicia marcada pola posguerra e o contraste que significou a súa chegada a unha exhuberante Cuba, onde a súa familia tiña propiedades e negocios, e acabará por sumarse a un movemento contra Batista no que participaron moitos, sen distincións de clase ou ideoloxía (La Voz de Galicia, 04-06-2012).
García Lorca, edición definitiva dos seis poemas galegos:
O Consello da Cultura Galega presentou onte a edición cuarta e definitiva do libro O pórtico poético dos ‘seis poemas galegos’ de Federico García Lorca, estudo crítico publicado pola institución e realizado polo profesor Luís Pérez Rodríguez (El Correo Gallego, 06-06-2012).
Véxase tamén “Os seis poemas infinitos de García Lorca”, La Voz de Galicia (06-06-2012).
Foto: Praza pública.
Manuel Lorenzo, María Lorenzo e Marcos Calveiro premiados co Xerais e Merlín 2012:
Dous galardóns para dúas obras e tres persoas, un para Marcos Calveiro e as súas Palabras de auga, Premio Merlín de literatura infantil, e o outro para o tándem literario formado por María Lorenzo e Manuel Lorenzo, filla e pai, que lle poñen a sinatura a Tonas de laranxa, novela gañadora do certame por unanimidade do xurado (Praza pública, 09-06-2012).
Foto: La Voz de Galicia.
María Solar fala con C. Franco sobre a novela As meigas de Lupa:
Eu valoro moitísimo toda a tradición oral porque fun criada entre lendas e historias que se contaban. Hai historias marabillosas que non sempre se aproveitan e ás veces teñen anacronismos. Esa é unha das cousas que máis miro eu e das que máis me preocupei para este libro: como son de ciencias, quero que todo estea ben xustificado e que o que se conta da historia non falte á verdade (La Voz de Galicia,12-06-2012).
Xavier Queipo entre os premiados co San Clemente:
“Este formato resulta especialmente interesante”, explica Queipo, cuyo Extramunde (Xerais) ganó en el apartado de libros en gallego, “porque es la prueba de que no estás aislado en una esfera y solo los críticos y connaiseurs llegan a ti”. Que los alumnos de bachillerato voten las novelas —las finalistas en la categoría fueron A Veiga é como un tempo distinto (Xerais), de Eva Veiga, y O bebedor de Rakia (Xerais), de Xesús Manuel Marcos— implica, para el autor, “cierto componente democrático y popular”. El otro factor que le place tiene que ver con la lista de ganadores a lo largo de las 17 anteriores ediciones del certamen, entre ellos Carlos Fuentes, Paul Auster, Antonio Tabucchi o Murakami (El País,12-06-2012).
Xosé Ramón Barreiro publica a biografía de Murguía:
Fosen cales fosen as circunstancias, o traballo de Murguía foi titánico. Era consciente do valor das artes na construción da alma nacional dun pobo, como en Irlanda, Hungría ou Polonia. Alentou a Rosalía, Pondal e Curros, e procurou atopar figuras semellantes na música e na pintura (El País,14-06-2012).
Foto: Sermos Galiza.
Miguel Anxo Fernán-Vello gaña con Habitación do asombro o Premio Cidade de Ourense de Poesía:
é «un libro de poemas de longo alento que mantén a tensión poética de principio a fin sen decaer en ningún momento. De grande unidade temática estilística, con imaxes reveladoras e brillantes, de grande perfección rítmica. Ofrece unha lectura transversal na que os poemas se vinculan ao momento histórico que vivimos» (La Voz de Galicia, 16-06-2012).
Lupe Gómez presenta unha nova edición de Pornografía:
No limiar do libro, Fran P. Lorenzo escribe: "Se a literatura galega, a unha idade xa tan provecta e respeitábel como ten, levara unha axenda persoal, ou mesmo un diario, apuntaría á altura de 1995 (El Correo Gallego, 20-06-2012).
Xosé Lois García premio Varela Buxán de teatro:
A obra dramática 'A cerna' toma como base a temática ecoloxista ao longo de cen páxinas que estruturan o texto en tres actos, para articular un discurso en favor da natureza. Así, varias voces argumentan razóns na súa defensa e en contra nunha peza que evoca diferentes autores como Rosalía de Casto ou Eduardo Pondal (Galicia Hoxe, 25-06-2012).
Imaxe: Dioivo.
Antonio Seijas prepara a versión de Cartas de inverno para novela gráfica:
Tiven que ler e ler o libro en innumerables ocasións para facerme coas imaxes. Está claro que son como eu as imaxino e quizais non coincidan coas que cada lector imaxine cando le o libro, pero tentei facelas respetando no posible as descricións de Agustín. Por exemplo a casa, cada quen pode ter imaxinado a súa, e eu o que tento é que a que debuxo encaixe dentro da descrición e da acción do libro.E os personaxes a verdade é que non fixen bosquexos previos, sairon de primeiras de maneira natural (Dioivo, 22-06-2012).
Fina Casalderrey, Dúas letras (Galaxia):
Por unha parte, Casalderrey escribe o guión da curtametraxe e interpreta un dos seus papeis. Por outra parte, fai o percorrido inverso entre a literatura e o cine. Neste caso, segundo a propia autora: «Primeiro foi a película e logo escribín o relato que vai no libro» (La Voz de Galicia, 27-06-2012).
Anxo Angueira fala de Iria:
Non é doado tampouco chegar ao final de Iria (Xerais, 2012) sen marear. A escrita obriga a vogar arriba e abaixo entre os mortos da historia e o traballo e os nomes da Arousa e a navegación tradicional, un mundo, ao compás do galeón protagonista (entrevista con Iago Martínez, El País, 28-05-2012).

2.6.12

Noticias de literatura-125. Maio 2012

Antón Riveiro Coello, premiado pola AELG por Laura  no deserto:
Noticia dos galardoados na Cea das letras no Galicia Hoxe, 06-05-2012.
José Carlos Bermejo presenta Os señores da mentira (Lóstrego):
Os Señores da mentira retrata o descrédito da política e da democracia, sumidas nun proceso de cambio constante para que todo siga igual.
Os Señores da mentira descobre a aparencia da cultura galega que algúns políticos e intelectuais venden como “motor” da actividade económica (Galicia Hoxe, 16-05-2012).
Gonzalo López Abente.
Imaxe: La Voz de Galicia.
Gonzalo López Abente: a fundación que leva o nome do escritor recupera a súa obra narrativa:
Las cinco novelas cortas del escritor Gonzalo López Abente (1878-1963) han sido recuperadas en una obra titulada A narrativa mariña gracias a la fundación que vela por el legado literario del autor muxián. O diputado por Beiramar (1918), O novo xuez (1922), Buserana (1925), Fuxidos (1926) y O Escándalo (1920) son los trabajos recogidos en este nuevo volumen (La Voz de Galicia, 24-05-2012).
Manuel Antonio, publicación da súa obra en prosa:
Los escritos en prosa del poeta Manuel Antonio, muchos de ellos inéditos, han sido recogidos en un volumen con el que se inaugura la colección 'Clásicos de la Academia', que edita la Real Academia Galega (RAG) en colaboración con la Fundación Barrié (La Voz de Galicia, 23-05-2012).
Lupe Gómez.
Foto: El País.
Lupe Gómez presenta a terceira edición de Pornografía:
“A poética de Lupe Gómez non foi asumida nin recoñecida por sectores importantes da crítica e do sistema literario en xeral”, opina Lourido, “e iso parece claro nos ámbitos afíns ao proceso normalizador que acompañou o desenvolvemento da autonomía”. Outros estudosos —por caso, Arturo Casas ou Helena Miguélez— si aprezaron unha poética incómoda e límite (El País, 24-05-2012).
Agustín Fernández Paz fala de As fronteiras do medo:
Arrepía porque As fronteiras do medo xoga coas marcas de Lovecraft sen deixar de moverse entre prados, ríos, arboredas e carballeiras que move o vento (La Voz de Galicia, 30-05-2012).
Daniel Salgado.
Foto: El País.
Daniel Salgado fala de Ruído de fondo:
“É o caos e é tamén un síntoma de que o poema é insuficiente”, explica. “Interésanme os intentos de introducir na poesía —non me gusta esa palabra— elementos alleos, é algo que está xa nos clásicos gregos pero que no século XX aparece en poetas importantes que leo repetidamente. E logo está a desorde do mundo, a multitude de estímulos e contradicións, a barafunda, e quería que se reflectise dalgún xeito. Non me convence o resultado, parece que un está a sacar músculo, pedantería, pero é algo que impón o propio discurso. É a necesidade de citar para chamar por outros” (Iago Martínez, El País, 31-05-2012).