2.6.12

Noticias de literatura-125. Maio 2012

Antón Riveiro Coello, premiado pola AELG por Laura  no deserto:
Noticia dos galardoados na Cea das letras no Galicia Hoxe, 06-05-2012.
José Carlos Bermejo presenta Os señores da mentira (Lóstrego):
Os Señores da mentira retrata o descrédito da política e da democracia, sumidas nun proceso de cambio constante para que todo siga igual.
Os Señores da mentira descobre a aparencia da cultura galega que algúns políticos e intelectuais venden como “motor” da actividade económica (Galicia Hoxe, 16-05-2012).
Gonzalo López Abente.
Imaxe: La Voz de Galicia.
Gonzalo López Abente: a fundación que leva o nome do escritor recupera a súa obra narrativa:
Las cinco novelas cortas del escritor Gonzalo López Abente (1878-1963) han sido recuperadas en una obra titulada A narrativa mariña gracias a la fundación que vela por el legado literario del autor muxián. O diputado por Beiramar (1918), O novo xuez (1922), Buserana (1925), Fuxidos (1926) y O Escándalo (1920) son los trabajos recogidos en este nuevo volumen (La Voz de Galicia, 24-05-2012).
Manuel Antonio, publicación da súa obra en prosa:
Los escritos en prosa del poeta Manuel Antonio, muchos de ellos inéditos, han sido recogidos en un volumen con el que se inaugura la colección 'Clásicos de la Academia', que edita la Real Academia Galega (RAG) en colaboración con la Fundación Barrié (La Voz de Galicia, 23-05-2012).
Lupe Gómez.
Foto: El País.
Lupe Gómez presenta a terceira edición de Pornografía:
“A poética de Lupe Gómez non foi asumida nin recoñecida por sectores importantes da crítica e do sistema literario en xeral”, opina Lourido, “e iso parece claro nos ámbitos afíns ao proceso normalizador que acompañou o desenvolvemento da autonomía”. Outros estudosos —por caso, Arturo Casas ou Helena Miguélez— si aprezaron unha poética incómoda e límite (El País, 24-05-2012).
Agustín Fernández Paz fala de As fronteiras do medo:
Arrepía porque As fronteiras do medo xoga coas marcas de Lovecraft sen deixar de moverse entre prados, ríos, arboredas e carballeiras que move o vento (La Voz de Galicia, 30-05-2012).
Daniel Salgado.
Foto: El País.
Daniel Salgado fala de Ruído de fondo:
“É o caos e é tamén un síntoma de que o poema é insuficiente”, explica. “Interésanme os intentos de introducir na poesía —non me gusta esa palabra— elementos alleos, é algo que está xa nos clásicos gregos pero que no século XX aparece en poetas importantes que leo repetidamente. E logo está a desorde do mundo, a multitude de estímulos e contradicións, a barafunda, e quería que se reflectise dalgún xeito. Non me convence o resultado, parece que un está a sacar músculo, pedantería, pero é algo que impón o propio discurso. É a necesidade de citar para chamar por outros” (Iago Martínez, El País, 31-05-2012).

Ningún comentario: