3.7.12

Noticias de literatura-126. Xuño 2012

Foto: La Voz de Galicia.
Xavier Rodríguez Baixeras homenaxeado pola AELG:
A Asociación de Escritores de Lingua Galega (AELG) e o pobo de Ribadeo rendéronlle onte unha homenaxe ao poeta Xavier Rodríguez Baixeras (Tarragona, 1945). Foi na vila ribadense onde este mestre xubilado estudou as súas primeiras letras e o lugar no que se estableceu (La Voz de Galicia, 03-06-2012).
Xavier Alcalá publica Verde oliva:
Verde oliva segue os pasos de Mariana dende o seu nacemento e infancia nunha Galicia marcada pola posguerra e o contraste que significou a súa chegada a unha exhuberante Cuba, onde a súa familia tiña propiedades e negocios, e acabará por sumarse a un movemento contra Batista no que participaron moitos, sen distincións de clase ou ideoloxía (La Voz de Galicia, 04-06-2012).
García Lorca, edición definitiva dos seis poemas galegos:
O Consello da Cultura Galega presentou onte a edición cuarta e definitiva do libro O pórtico poético dos ‘seis poemas galegos’ de Federico García Lorca, estudo crítico publicado pola institución e realizado polo profesor Luís Pérez Rodríguez (El Correo Gallego, 06-06-2012).
Véxase tamén “Os seis poemas infinitos de García Lorca”, La Voz de Galicia (06-06-2012).
Foto: Praza pública.
Manuel Lorenzo, María Lorenzo e Marcos Calveiro premiados co Xerais e Merlín 2012:
Dous galardóns para dúas obras e tres persoas, un para Marcos Calveiro e as súas Palabras de auga, Premio Merlín de literatura infantil, e o outro para o tándem literario formado por María Lorenzo e Manuel Lorenzo, filla e pai, que lle poñen a sinatura a Tonas de laranxa, novela gañadora do certame por unanimidade do xurado (Praza pública, 09-06-2012).
Foto: La Voz de Galicia.
María Solar fala con C. Franco sobre a novela As meigas de Lupa:
Eu valoro moitísimo toda a tradición oral porque fun criada entre lendas e historias que se contaban. Hai historias marabillosas que non sempre se aproveitan e ás veces teñen anacronismos. Esa é unha das cousas que máis miro eu e das que máis me preocupei para este libro: como son de ciencias, quero que todo estea ben xustificado e que o que se conta da historia non falte á verdade (La Voz de Galicia,12-06-2012).
Xavier Queipo entre os premiados co San Clemente:
“Este formato resulta especialmente interesante”, explica Queipo, cuyo Extramunde (Xerais) ganó en el apartado de libros en gallego, “porque es la prueba de que no estás aislado en una esfera y solo los críticos y connaiseurs llegan a ti”. Que los alumnos de bachillerato voten las novelas —las finalistas en la categoría fueron A Veiga é como un tempo distinto (Xerais), de Eva Veiga, y O bebedor de Rakia (Xerais), de Xesús Manuel Marcos— implica, para el autor, “cierto componente democrático y popular”. El otro factor que le place tiene que ver con la lista de ganadores a lo largo de las 17 anteriores ediciones del certamen, entre ellos Carlos Fuentes, Paul Auster, Antonio Tabucchi o Murakami (El País,12-06-2012).
Xosé Ramón Barreiro publica a biografía de Murguía:
Fosen cales fosen as circunstancias, o traballo de Murguía foi titánico. Era consciente do valor das artes na construción da alma nacional dun pobo, como en Irlanda, Hungría ou Polonia. Alentou a Rosalía, Pondal e Curros, e procurou atopar figuras semellantes na música e na pintura (El País,14-06-2012).
Foto: Sermos Galiza.
Miguel Anxo Fernán-Vello gaña con Habitación do asombro o Premio Cidade de Ourense de Poesía:
é «un libro de poemas de longo alento que mantén a tensión poética de principio a fin sen decaer en ningún momento. De grande unidade temática estilística, con imaxes reveladoras e brillantes, de grande perfección rítmica. Ofrece unha lectura transversal na que os poemas se vinculan ao momento histórico que vivimos» (La Voz de Galicia, 16-06-2012).
Lupe Gómez presenta unha nova edición de Pornografía:
No limiar do libro, Fran P. Lorenzo escribe: "Se a literatura galega, a unha idade xa tan provecta e respeitábel como ten, levara unha axenda persoal, ou mesmo un diario, apuntaría á altura de 1995 (El Correo Gallego, 20-06-2012).
Xosé Lois García premio Varela Buxán de teatro:
A obra dramática 'A cerna' toma como base a temática ecoloxista ao longo de cen páxinas que estruturan o texto en tres actos, para articular un discurso en favor da natureza. Así, varias voces argumentan razóns na súa defensa e en contra nunha peza que evoca diferentes autores como Rosalía de Casto ou Eduardo Pondal (Galicia Hoxe, 25-06-2012).
Imaxe: Dioivo.
Antonio Seijas prepara a versión de Cartas de inverno para novela gráfica:
Tiven que ler e ler o libro en innumerables ocasións para facerme coas imaxes. Está claro que son como eu as imaxino e quizais non coincidan coas que cada lector imaxine cando le o libro, pero tentei facelas respetando no posible as descricións de Agustín. Por exemplo a casa, cada quen pode ter imaxinado a súa, e eu o que tento é que a que debuxo encaixe dentro da descrición e da acción do libro.E os personaxes a verdade é que non fixen bosquexos previos, sairon de primeiras de maneira natural (Dioivo, 22-06-2012).
Fina Casalderrey, Dúas letras (Galaxia):
Por unha parte, Casalderrey escribe o guión da curtametraxe e interpreta un dos seus papeis. Por outra parte, fai o percorrido inverso entre a literatura e o cine. Neste caso, segundo a propia autora: «Primeiro foi a película e logo escribín o relato que vai no libro» (La Voz de Galicia, 27-06-2012).
Anxo Angueira fala de Iria:
Non é doado tampouco chegar ao final de Iria (Xerais, 2012) sen marear. A escrita obriga a vogar arriba e abaixo entre os mortos da historia e o traballo e os nomes da Arousa e a navegación tradicional, un mundo, ao compás do galeón protagonista (entrevista con Iago Martínez, El País, 28-05-2012).

Ningún comentario: