21.2.15

Gerardo Cabada Castro, 'A visita'

Familia de catro membros (pais e parella de fillos adolescentes) recibe unha carta que resulta ser unha broma sa: anúncianlles a visita dunha persoa con necesidades especiais.
A visita non chega a producirse, pero a familia estuda as disposicións que terá que tomar para recibir o “deficiente” e que se sinta ben entre eles.
A trampa só pretendía coñecer se a familia preparara o corazón para recibir a alguén con “necesidades especiais”.
No remate de contas vai resultar que todos os membros do grupo familiar teñen necesidades especiais que cubrirán convivindo en harmonía, coma sempre. Así de sinxelo.

Gerardo Cabada Castro, A visita. Pontevedra, Edicións Fervenza, 2014.
Personaxes (5): pai, nai, filla 15 anos, fillo 17 anos, visitante.

Ningún comentario: