31.8.13

Noticias de literatura-140. Agosto 2013

James Joyce, o Ulises completo en galego
James Joyce
Foto: La Voz de Galicia
Porén a novela nunca fora traducida integramente ao galego, apunta Galaxia nun comunicado, polo que con esta publicación se pretende achegarlles aos lectores de hoxe un texto baseado nas edicións críticas máis recentes da obra de Joyce nun galego "actual e coidado, que axude a coñecer mellor un patrimonio literario que xa os membros da Xeración 'Nós' consideraron indispensable" incorporar á literatura galega (El Correo Gallego, 10-08-2013).
Suso de Toro publica Inmateriais
Su autor lo entiende como un retablo de personajes de la Galicia que pudo haber sido y desapareció por el camino. "Desde el principio lo concebí como un proyecto pedagógico", explica Suso de Toro,"como un intento de hacer ver a los lectores que aquí ha habido grandes figuras que pudieron haberse erigido en los constructores de un país (Xosé Hermida, El País, 09-08-2013).
Xerardo Agrafoxo fálanos de Quen matou o Cantino?
Xerardo Agrafoxo
Foto: El Correo Gallego
Pero se, pola contra, nos atopamos no momento e no lugar equivocados, pode que a nosa sorte cambie para sempre. Que llo digan a Ramón Mayán Ramos. Coñecido como o Cantino, este mozo noiés que foi acusado inxustamente de rebelión militar, foi executado o 10 de outubro de 1936 no cemiterio de Boisaca aos 26 anos. Xerardo Agrafoxo conta, con todo detalle, a dramática historia de quen se atopaba no lugar e no momento equivocados (El Correo Gallego, 11--08-2013).
Rosalía Castro, novas músicas para a súa poesía
Narf e Nijla Shami son dous dos últimos artistas en facer seus os versos rosalianos. Desde as distancias dos estilos dos discos de ambos coinciden nunha circunstancia: comezaron sendo un encargo e acabaron por ser un disco máis das súas carreiras (La Voz de Galicia, 19-08-2013).
Xabier López López fala de 1989
«A historia transcorre ao longo de 15 días de decembro de 1989», describe Xabier López: a caída do muro de Berlín e a de Ceaucescu en Romanía sinalan a desaparición da URSS e a ideoloxía do «socialismo real» (Xesús Fraga, La Voz de Galicia).
Astérix, nova etapa
Imaxe: Praza pública

A aposta de Xerais por Astérix chega nun punto de inflexión na historia da cabeceira, xa que Astérix e os pictos será a primeira aventura dos personaxes na que non participa ningún dos seus creadores (Praza pública).

Ningún comentario: