Recomendamos comezar a lectura deste libro polo epílogo ou “Longa viaxe para cambiar de vestido” porque nel o autor-tradutor dá as claves para que un lector en galego poida valoralo na súa xénese e intención.
Imaxe: bibliotecavilareal |
Avisa o autor que O mariñeiro... pode ser entendido como un “manifesto” porque “foi concibido para ter un impacto no sistema literario islandés”. Esta intención explica as características fundamentais da obra:
a) A creación do pseudónimo que, máis alá do simbolismo, evita a consideración de estranxeiro e demostra, asemade, a posibilidade dunha literatura de inmigrantes.
b) A incardinación no contexto islandés.
c) O achegamento ás vangardas, de escasa penetración na literatura do país.
O autor destaca dúas liñas importantes do libro: o tratamento do mar (semellante ao que se lle deu na literatura galega) e a interpretación socioeconómica (non esperada porque a redacción da obra é anterior á crise, pero que enriqueceu o poemario dándolle forza á mensaxe).
Cómpre salientar tamén a reflexión que o autor fai sobre o feito de traducirse. Aquí concíbese a tradución como recreación, como “diálogo interlingüístico”.
O lector escolle este poema porque considera que representa dun xeito evidente o rol do poeta-mariñeiro, nomeadamente no que portén á transmutación cultural.
Elías Knörr, O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido. Cangas, Barbantesa, 2011.
Ningún comentario:
Publicar un comentario