Noticias de literatura-131. Novembro 2012
Xosé Daniel Costas Currás, premio de poesía Novacaixagalicia:
Novacaixagalicia fará entrega a Xosé Daniel Costas Currás do seu premio de poesía pola súa obra monicreques (Galicia Hoxe, 04-11-2012).
Noticia relacionada.
Noticia do premio e traxectoria do autor.
|
Imaxe: Praza pública |
Manuel Cráneo fálanos de Cousas de mortos (Demo Editorial):
O
libro reúne un feixe de historias -escritas ao longo dos últimos anos-
nas que os defuntos, ancorados no tempo e na vida, reproducen o
comportamento duns vivos que, se cadra, xa teñen bastante de mortos (Praza pública).
Elena Gallego Abad publica Dragal III. A fraternidade do dragón:
inscríbese
nunha corrente formal e temática de gran rendemento na literatura
xuvenil galega da primeira década do século XXI, como é a recreación de
mundos mitolóxicos e lendarios, nos que asenta unha concepción
identitaria (El Correo Gallego, 06-11-2012).
Estrea de Todo é silencio, película baseada na novela do mesmo título de Manuel Rivas:
Cuerda rodou Todo es silencio
en Galicia e na súa undécima longametraxe repite colaboración con
Rivas, autor do guión, para dar vida a un pobo rendido ao narcotráfico
pero pondo por encima deste problema a uns personaxes que aínda "cren
nos seus semellantes" (Galiciaé, 08-11-2012).
“Silencios que falan” (Galicia Hoxe, 09-11-2012).
|
Imaxe: Galicia Hoxe |
Xosé Manuel Pereiro presenta Prestige, tal como foi, tal como fomos:
'Prestige,
tal como foi, tal como fomos', segundo título da colección xornalistas,
narra a crónica dese desastre, do que aconteceu desde a traxicomedia da
xestión do desastre, ata os delirios de grandeza das solucións
políticas ante a inminente catástrofe (Galicia Hoxe, 13-11-2012).
Agustín
Fernández Paz (Vilalba, 1947) vén de gañar o Premio da Crítica Galicia
2012, na categoría de Creación literaria, coa súa novela Fantasmas de
luz (La Voz de Galicia, 19-11-2012).
Miguelanxo Prado publica Ardalén:
|
Imaxe: Galicia Hoxe |
Somos
o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e
inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela
intenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia a través
dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese
proceso de recuperación (Galicia Hoxe, 19-11-2012).
Ningún comentario:
Publicar un comentario