30.10.12

Arturo Abad/Gabriel Pacheco. Taller de corazóns

Imaxe: OQO editora
Taller de corazóns é un poético relato sobre os efectos que un corazón bondadoso, que usa a xenerosidade como técnica e medicamento, produce naquela xente que o ten derramado ou carece del.
Matías, o protagonista, é un habilidoso artesán capaz de ir reparando aqueles corazóns cachifallos que lle caen nas mans, e vaino facendo con pezas que son pedazos do seu propio corazón.

 
Achegáronse ó taller


Arturo Abad/Gabriel Pacheco, Taller de corazóns. Pontevedra, OQO editora, 2010.

Ningún comentario: