Imaxe: Insula europea. |
Narrativa galega nunha web italiana:
A través da web www.insulaeuropea.eu/ un grupo de estudosos de diversas literaturas europeas coordinado polo profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Perugia Carlo Pulsoni propoñen diferentes títulos coa finalidade de que as editoriais italianas se animen a traducilos (Xornal.com, 3-09-2011).
Yolanda Castaño: artigo de Paco Lodeiro sobre a poeta:
Su fijación por acercar la poesía a la gente y de llevarla a nuevos ámbitos la ha empujado a cantar sus poemas, realizar videocreaciones, dirigir la revista Valdeleite, editar la obra reunida de Farruco Sesto, llevar propuestas a las instituciones para montar ciclos de recitales poéticos como Poetas di(n)versos... (El País, 04-09-2011).
Agustín Fernández Paz, Premio Iberoamericano SM:
O autor, que escribe en galego e é premio nacional de literatura infantil e xuvenil de España (2008), foi galardoado "pola súa extensa obra narrativa, que aborda unha gran diversidade de xéneros e temas", dixo Verónica Abud, presidenta do xurado e representante da Organización de Nacións Unidas para a Educación e a Ciencia (Unesco) (Xornal.com, 12-09-2011).Entrevista con Agustín Fernández Paz no mesmo xornal (14-09-2011):
Noticia en La Voz de Galicia (12-09-2011): “O escritor galego Agustín Fernández Paz gañou o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil”.
Cando un escritor traballa ou centro do mundo está non seu cuarto, calquera que sexa a lingua que empregue. Despois están as cuestións sociolóxicas. Se aquí lemos novela islandesa, un país cos habitantes de Vigo, ou a Murakami, que escribe en xaponés, tamén a nós pódennos ler fóra. É precisa unha política de fomento dá cultura propia non exterior e vos escritores galegos estamos desasistidos.
Literatura locutada:
leer a través de los oídos ha llevado a Rinoceronte Editora a publicar los primeros audiolibros disponibles en el mercado gallego (El País, 14-09-2011).
Afortunadamente non son os primeiros audiolibros, e oxalá se sigan incorporando máis a este ronsel.
Fernando Díaz-Castroverde gaña o Premio Repsol de Narrativa Breve con Microbios e outros paquidermos:
A voceira do Xurado deu as grazas á Fundación Repsol por convocar estes premios “que tratan de axudar a nosa lingua galega”. Ademais destacou a dificultade da elección debido á gran calidade das obras presentadas e mostrou o seu gran respecto a calquera dos autores, polo que significa presentarse a un premio. Definiu a obra gañadora como “un libro harmonioso, relacionado cos aforismos”, destacando “o uso da a contundencia do breve, utilizando a retranca, ou absurdo, a transgresión e a crítica mordaz”. Son microrelatos intelixentes que levan á reflexión, conseguindo un ritmo áxil que convida a facer paradas para o lector. “É un libro para pensar”, concluíu (Xornal.com, 15-09-2011).
A AELG anima a promoción de revistas literarias en formato tradicional e dixital:
El presidente de la entidad, Cesáreo Sánchez, ha remarcado en declaraciones a Efe la importancia histórica de estas revistas creadas "por los propios escritores" como medio para "emitir pensamiento". Por ello, ha subrayado la necesidad de que surjan nuevas revistas que "aglutinen" el material existente, en su mayoría a través de blogs y publicaciones personales en internet (Galiciae.com, 15-09-2011).
Teatro Ensalle contra do “ERE de la cultura”:
cada uno desde sus inquietudes y experiencias, espectadores habituales, profesionales vinculados al ámbito escénico y los miembros de la compañía tomen la palabra para invitar a los espectadores a que manifiesten la suya, es decir, a que opinen acerca de la existencia de un foco cultural como es Ensalle con proyección dentro y fuera de Galicia (El País, 17-09-2011).
Miguel Anxo Fernán Vello, en versión bilingüe:
O poemario de Miguel Anxo Fernán Vello titulado 'Territorio de la desaparición' veu a luz en edición bilingüe da man da editorial Huerga y Fierro, que o puxo a disposicón dos lectores incluído na prestixiosa Colección Signos (Galicia Hoxe, 21-09-2011).
Xan Arias-Andreu Rodríguez, Viaxeiros por Galicia:
Camiñantes, viaxeiros, heteroxénea masa de comerciantes, xograres, poetas, peregrinos e escultores, aristócratas ou plebeos, guerreiros, malandríns e eclesiásticos que, guiados por razóns diversas e dende os máis remotos lugares da terra, seguiron nos séculos posteriores elixindo Galicia como destino (Trifolium).
Foto: Xoán Carlos Gil / La Voz de Galicia. |
Mona Imai, tradutora de Murakami, entrevistada en La Voz de Galicia (24-09-2011):
Asegura Imai que galegos e xaponeses teñen moito en común: «Contestan a unha pregunta con outra, non se definen e son desconfiados, aínda que cando os coñeces a amizade é para sempre». Claro que, despois de 17 anos, hai cousas que aínda lle custan, como pillar a retranca, o que supón, di, que o tradutor ten que dar moito de si e coñecer o carácter duns e outros para poder entender o verdadeiro significado das palabras nun contexto determinado.
Xelís de Toro presenta O libro das pontes invisibles:
O galego e inglés volven convivir agora na nova achega literaria deste embaixador das letras galegas no Reino Unido. Trátase do volume O libro das pontes invisibles/The book of invisible bridges, que publicará en 2012 a editoral británica Pighog Press (El Correo Gallego, 24-09-2011).
Álvaro Cunqueiro revisado:
Foto: El País. |
- Villares sinalou na súa intervención que os obxectivos deste simposio son "revisar o legado de Cunqueiro, facer un balance dos seus estudos e arroxar novidades nas investigacións ao redor da súa figura". Ao tempo, subliñou a colaboración entre as tres universidades galegas, "que consideraron que esta sería o xeito máis útil de lograr sinerxías académicas, á vez que fomentar o interese público" (Xornal.com, 28-09-2011).
- Con motivo del centenario del nacimiento del escritor y periodista Álvaro Cunqueiro, el Centro Ramón Piñeiro presentó ayer la edición facsimilar de la obra "Soma de craridades", creación del autor midoniense que durante años quedó relegada al olvido (Faro de Vigo, 28-09-2011).
- Trinta e catro anos despois, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, vén de publicar unha edición facsimilar de Soma de craridades, por Álvaro Cunqueiro, e Unha carta a Luís Seoane, por Santiago Montero Díaz (La Voz de Galicia, 28-09-2011).
- Álvaro Cunqueiro (1911-1981) esquematizaba unha poética minúscula: "Aquí van algús, en versión ben provisional; son poesía de ocasión, pero toda poesía é de ocasión" (El País, 23-09-2011).
- Catro días, tres sedes, dezaseis actividades, máis de trinta comunicacións e a intención de explicar vos mil e un Álvaro Cunqueiros que conviven baixo a luz dá súa obra (La Voz de Galicia, 22-09-2011).
- A conferencia académica inaugural de 'Mil e un Cunqueiros' estivo a cargo do escritor e ex ministro de Cultura César Antonio Molina, baixo o título 'As miñas lecturas de Cunqueiro' ('As miñas lecturas de Cunqueiro'), na que afirmaba que o mindoniense é, desde o seu punto de vista, "o escritor galego máis importante do século XX" (Galicia Hoxe, 28-09-2011).
- O ex ministro cualificou ao autor mindoniense como un home "escéptico" e agregou que Cunqueiro "comprendeu que as posibilidades de sobrevivir culturalmente era a través da imaxinación" (Galiciae,28-09-2011).
- Miranda rexeita o realismo máxico de Cunqueiro (La Voz de Galicia, 30-09-2011).
Antón Reixa presenta Lección de cousas:
“Son un poeta que ilustra as súas poesías con imaxes”. Con estas palabras definiuse a si mesmo o artista Antón Reixa o día que o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) inauguraba a súa exposición Leccións de cousas (Xornal.com, 28-09-2011).
Carlos Callón presenta Como defenderes os teus dereitos lingüísticos:
En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións» (Galicia Hoxe, 28-09-2011).
Plácido Castro lembrado no Día da Tradución:
Castro tamén teorizou. A súa visión: que a tradución poría o galego en igualdade co resto de linguas e potenciaría a primeira opción da disxuntiva que marcou as súas dúas vidas: "Cosmopolitas ou casteláns de imitación" (El País, 30-09-2011. Artigo de David Reinero).
Ningún comentario:
Publicar un comentario