14.9.11

Mariano Casas. Mensaxes

Imaxe: elestudiodemariano.
Un debuxante, refuxiado coa súa parella no búnker dunha imprenta, cóntanos en viñetas que semellan sms os derradeiros momentos da humanidade e das súas vidas. 
Non se sabe con certeza por que está subindo a temperatura un grao ó día. (¿Estase achegando o sol á terra?) A calor infernal vai queimando e convertendo en borralla xentes, barcos, edificios... Os protagonistas da historia non saben o que está a pasar fóra do búnker. Xa non lles queda comida nin auga. Acaban por beber a tinta que usan para debuxar e son conscientes de que están vivos por pouco tempo. Aínda así, o debuxante remata por contar o final da historia, escrita con sangue, por se dá chegado ás mans de alguén, algún día, en algures para “que quede algo de nós nun lugar e nun tempo nos que xa non estaremos”.
Falan de Mariano Casas e da súa obra:
Imaxe: elestudiodemariano.



Mariano Casas, Mensaxes. Compostela, El Patito Editorial, 2009. Premio Castelao de Banda Deseñada 2008.
Etiquetas: , ,

Ningún comentario: