Nunca Durmo foi escrito a partir da idea inicial sobre "arte e nada" de Eva Gontad e Begoña Ferreira e improvisacións dos membros do reparto de Ápeiron Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. "Si hai en Duluth unha rebelión contra o poder, que é un tema que aparece si, moito nos meus textos. Pero é unha rebelión feble, coa que non chega ata o final. Vendémonos por pouco. Sempre me chamou a atención como nos vendemos ó achegarnos ó poder...", indicou (Galicia Hoxe, 22-04-2011).
No artigo de M. Dopico faise tamén un breve percorrido pola obra teatral de Rubén Ruibal.
Noticia sobre a Feira Internacional de Teatro da Coruña no Galicia Hoxe (24-04-2011).
Entrevista con Rubén Ruibal en El Mundo (27-04-2011): “O medo é un poderoso instrumento de control”.
Espiral Maior estrea unha colección de poesía para nenos. Entrevista coa ilustradora Isabel Pintado (Galicia Hoxe, 24-04-2011).
Olga Novo fala para Galicia Hoxe (25-04-2011):
Noticia sobre a Feira Internacional de Teatro da Coruña no Galicia Hoxe (24-04-2011).
Entrevista con Rubén Ruibal en El Mundo (27-04-2011): “O medo é un poderoso instrumento de control”.
Espiral Maior estrea unha colección de poesía para nenos. Entrevista coa ilustradora Isabel Pintado (Galicia Hoxe, 24-04-2011).
Olga Novo fala para Galicia Hoxe (25-04-2011):
O camiño libertario. Aquel que non dá o seu voto nin a súa voz a ningún poder para que logo a utiliza para asoballar xentes humildes, facer guerras e insultar os traballadores con políticas que constitúen unha explotación da intelixencia humana e unha prostitución da pureza das persoas. Para min, a liberdade é o único camiño sempre, a única solución, mesmo se o soño semella imposible... incluso así.
Lingua e literatura a debate: “Persoeiros como Castelao e Rosalía, temas como as redes sociais, e proxectos como a Casa Museo de Manuel María enchen o programa” (Galicia Hoxe, 25-04-2011).
A. Abal Lemos publica Muchita Bon (Barbantesa):
A. Abal Lemos publica Muchita Bon (Barbantesa):
Retrato dunha muller soa, vítima dos lobos que agardan en cada recanto para recordarlle que está indefensa (A Nosa Terra, 25-04-2011).
Manuel Lanero presenta Historia dun ermo asociativo. Labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo:
"Como outros fascismos, o franquismo tivo unha vontade refundadora da realidade. Fixo tábula rasa, quixo desbotar todo o anterior, e no ámbito das políticas agrarias especialmente. Pero como non foi quen de substituílas máis que por políticas, ó meu ver erráticas, tivo que retomar o que se fixera no pasado, e fíxoo con menos eficiencia", apuntou Lanero, como unha das primeiras conclusións da súa obra (Galicia Hoxe, 27-04-2011).
Titoán é “unha achega adulta a un personaxe histórico como Castelao, a través dunha narrativa medida e axustada, sen parafernalia efectista”, e cunha solución gráfica “atractiva, coherente e eficaz, que funciona á perfección ao servizo que está a contar” (Xornal de Galicia, 27-04-2011).
- La Voz de Galicia (27-04-2011): «Titoán», de Iván Suárez e Ignacio Vilariño, gana el premio de cómic Castelao.
- Galiciaé: 'Titoán', gañadora do Premio Cómic de Castelao.
- Artigo de Marcos Nebreda en El Mundo (29-04-2011): “Titoán, la experiencia autobiográfica de Castelao en viñetas”.
Domingo Villar: A praia dos afogados, en inglés.
Barriga Verde ten barraca nas festas de Lugo:
"Barriga Verde era considerada una diversión inofensiva, por eso en los años más duros de la represión sigue representando en gallego", sigue Campoy. Tras el paréntesis obligado por la Guerra Civil, en 1939 la barraca de José Silvent -en la que también viajaban y trabajaban su esposa, Emerenciana y sus ochos hijos- reaparece en el San Froilán de Lugo, uno de sus bastiones tradicionales, donde era conocido como Traga Estopa (El País, 28-04-2011).Xaime Domínguez Toxo publica As palabras que move o mar:
As palabras que move o mar son catro relatos longos que teñen como fío condutor a memoria e a construción da identidade alicerzada neses recordos que permanecen imborrables na vida dos seres humanos ao longo de toda a súa vida (Xornal de Galicia, 30-04-2011).Anxo Rei Ballesteros: Galaxia reedita a novela A sombra dos teus soños:
Publicado por primeiro vez en 1998, A sombra dos teus soños marcou un xiro na obra de Anxo A. Rei Ballesteros. Escritos despois da súa novela Loaira, estes relatos sitúanse en “tempos de triunfante nihilismo”, cando o único valor indiscutible seica é o diñeiro. Tempos de soños idos nos que soamente cómpre escribir sobre a súa sombra (Xornal de Galicia, 30-04-2011).Etiquetas: teatro, narrativa, banda_deseñada, poesía
Ningún comentario:
Publicar un comentario