13.2.11

Xurxo Sierra Veloso. Os fíos. Cuestionario

Para o club de lectura de Xurxo Sierra Veloso, Os fíos (Vigo, Galaxia, 2010), deixo este CUESTIONARIO que pode servir como guía de lectura. Velaí vai:
  1. Rematada a lectura da obra, tenta explicar o sentido do título.
  2. Comenta brevemente a estrutura desta novela.
  3. Cada parte ten seu narrador. Mais na terceira cambia o punto de vista para unha terceira persoa omnisciente. Comenta o que gaña ou perde a novela con este recurso.
  4. Eis a frase que fecha o relato: “Seica non sabe que todas as vidas on absurdas?”. ¿Pódese relacionar co título da obra?
  5. Os tres personaxes principais teñen asuntos sobre a conciencia, pero o remorso non lles afecta por igual. Analiza este sentimento.
  6. Esta novela non ten sentido se o lector non admite o absurdo como recurso literario. Comenta este aspecto.
  7. Describe as relacións humanas dende a óptica da novela.
  8. Lidia repasa as súas relacións cos homes. Nun momento dado, fala do Home (“Tamén pode ocorrer que o sucedido sexa un sinal de que entre o Home e mais eu é admisible un maior achegamento”, pp. 84-85). Propón unha explicación a esta afirmación da narradora.
  9. Da lectura da segunda e terceira parte, ¿podería elaborarse unha teoría do crime perfecto?
  10. O mundo da pintura susténtase sobre dous piares: o artístico e o comercial. Traza as súas características segundo os datos que vai dando Lidia.
  11. Os personaxes que representan a autoridade (gardas civís, funcionarios de prisións...) teñen nesta obra un tratamento atípico. Comenta este aspecto.
  12. Os protagonistas coinciden no tempo (e mesmo no espazo). Pero o tempo semella que transcorre cun ritmo diferente en cada unha das partes da novela. Comenta este aspecto.
  13. Enumera os temas que preocupan ou teñen especial interese para a sociedade de hoxe. Comenta o enfoque que se lles dá na novela.
  14. A obra comeza cun aviso introdutorio no que se lle suxire ó lector que pode decidir a orde da lectura. ¿Está xustificada esta suxestión?
Etiquetas: , , ,

Ningún comentario: