Descobre que na mansión hai outros nenos coma ela. Saben que cando medren acabarán encerrados nos sotos.
Dos muros da mansión saen voces que van guiando a nena nese labirinto de terror no que se atopa. (Conforman este plano narrativo as viñetas de coloración máis tenebrosa).
Remata esta primeira entrega sen sabermos se Sara se vai librar dos efectos do virus. Se é que se trata dun virus...
2. O crítico Y. Tilleuil sinala que, unha vez presentado o escenario, as múltiples fontes de inspiración da trama péchanse e o lector vese metido nunha canella cativadora e eficaz. Salienta a orixinalidade deste relato estraño e fantástico na mestura do mito do vampiro (que nos remonta á Idade Media), o espazo glacial da Europa do Leste, a mansión perdida no medio dun bosque e os heroes infantís que se moven nese escenario sen sentirse abafados polo medo.
3. Sitiografía
- Zonafandom fai unha recensión da obra e salienta o dominio dos autores á hora de dosificar as escenas de acción.
- Galimatías: noticia desta e doutras obras.
- Trafegando ronseis dános unha breve nota da trama e sinala a expectación que causa esta primeira entrega.
- Noticia da presentación en laopinioncoruna.es.
- O castelo de Aldara fai unha lectura “molona”, adubada cunhas pingas de medo.
- Toupa.net salienta o grafismo tenebroso e dinámico.
- Fervenzas literarias, na súa biblioteca máxica, recolle a historia intrigante deste primeiro volume e a emoción e sorpresa da continuación da historia.
- Noticia d’ A mansión dos murmurios en El Mundo.
- Les humanoïdes associés fai unha gabanciosa crítica d’ A mansión dos murmurios, historia na que se manexan maravillosamente os resortes da emoción e do espantoso.
- Recensións varias en CoinBD.com. Salientan o excelente traballo dos autores. Por exemplo, do guión di que “está ben artellado, a acción levada con sutileza e o desenvolvemento do relato é fluído e eficaz”. E se o guión é de primeira categoría tamén llo debe ó “formidable trazo de Tirso” que recrea perfectamente “o ambiente, a época e o estilo da obra”.
- Mickaël Géreaume comenta A mansión dos murmurios en planetebd.com.
- Critic blog: resumo e opinión.
Muñoz / Tirso / Montes, A mansión dos murmurios. El Patito Editorial, 2010. Tomo 1.
Etiquetas: banda_deseñada, mansión_dos_murmurios, Tirso, Montes, Muñoz
Ningún comentario:
Publicar un comentario