8.2.11

Noticias de literatura-95

Ana Romaní fala de Estremas:
Estremas xurdiu, confesa a autora noiesa (1962) dun poema, o inicial, que funcionou como espiral da que se desprenderon os textos sucesivos. Ela -recoñece- non quería escribir un libro pero a man foina arrastrando até conformar un conxunto de textos "escritos desde a furia, desde a rabia, desde a paixón" pero, sobre todo, desde a súa indagación persoal: "o que fala é o animal ferido, un corpo social despezado e abandonado á súa sorte" (Galicia Hoxe, 1-2-2011).
Noticia da publicación de Estremas en La Voz de Galicia (4-2-2011):
Segundo o crítico literario Ramón Nicolás, este novo libro de Ana Romaní «érguese como un desafío, como un reto interpretativo para quen o le».
Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz, cumpre 10 anos:
Es­ta colectánea de relatos foi merecente do prestixioso Premio Lazarillo en 1990, na primeira convocatoria á que podían concorrer tex­tos en todas as linguas ofi­ciais do Estado español e, entre outros recoñecemen­tos, foi incluída na Lista de Honra do IBBY do bienio 1990-1992 e na selección dos Dez títulos imprescin­dibles da Literatura Infantil e Xuvenil española do sécu­lo XX elaborada en 2010 (Galicia Hoxe, 1-2-2011).
Galaxia é a responsable desta edición, traducida directamente do xaponés por Mona Imai e Gsabrile Álvarez. Murakami estivo en Galicia no ano 2009 para recoller o premio San Clemente que lle entregaron os estudantes galegos ao mellor escritor internacional dese ano (Galicia Hoxe, 1-2-2011).
1Q84 desenvolve as historias paralelas de Aomame, unha adestradora de ximnasio que vive unha dobre vida relacionada co asasinato, e Tengo, un profesor de matemáticas a quen un editor encarga a reescritura da novela dunha atractiva adolescente para gañar un concurso de novos talentos. A novela de Murakami, como a de Orwell, desenvólvese no ano 1984 e entre outras temáticas aparecen ao longo da trama o poder e forza das seitas no Xapón ou a cuestión dos malos tratos (Xornal de Galicia, 1-2-2011).
Artigo de Manuel del Río sobre esta novela de Murakami: “Recorriendo distopías” (ABC, 1-2-2011).
Volve Haruki Murakami”, Xornal de Galicia (5-2-2011).
Claudio Rodríguez Fer presenta Unha tempada no Paraíso:
Centrándose no amor, no erotismo, na viaxe e no lugar, Unha tempada no Paraíso supón unha luminosa reivindicación libertaria da utopía tras a triloxía da memoria escrita polo autor, composta por Lugo blues, sobre a historia da súa cidade natal; A loita continúa, da historia de Galicia, e Ámote vermella, sobre a represión das mulleres progresistas (Xornal de Galicia, 1-2-2011).
Neira Cruz, en coreano:
Jan estivo alí é un libro de gran formato, unha historia que parte da premisa de que dentro das grandes obras de arte habita un enigma. No fondo do cadro do matrimonio Arnolfini hai unha sorpresa, de que parte a historia (Galicia Hoxe, 2-2-2011).
Manuel María. Miguel Mato analiza a obra poética de Manuel María en Señardade da luz:
"Manuel María non é unha figura só literaria. A súa desaparición foi tamén a dun xeito de ver o mundo, unha Galicia, unha valoración ética e estética de Galicia". Así o di o poeta e profesor de Lingua e Literatura Galegas Miguel A. Mato Fondo” (Galicia Hoxe, 4-2-2011).
Yashmina Shawki publica Fundación Libélula:
unha chamada á concienciación social para acabar coa escravitude sexual, o maltratamento familiar e a precariedade laboral que afecta, sobre todo, ás mulleres (Galicia Hoxe, 5-2-2011).
“Ollada á precariedade feminina”, artigo sobre Fundación Libélula (Xornal de Galicia, 5-2-2011).
Rafael Lema fala no Galicia Hoxe (7-2-2011) de lingua, literatura e outras cuestións máis ou menos afíns:
Como poeta foi premiado co Espiral Maior, o Concello de Carral e por dúas veces co accésit do Esquío. A súa novela U-49 foi finalista do Martín Sarmiento en 2008 tras Agustín Fernández Paz, e é finalista en 2010 do mesmo premio por O tesouro da corsaria. Tamén obtivo distintos premios de investigación por traballos relacionados co patrimonio submarino. Actualmente está traballando no censo de barcos afundidos en Galicia.Ten publicado obras como Mareas Negras (2003), Capitán Araña (2004), O club do corvo mariño (2005), El Camino Secreto de Santiago (2008) ou Crónicas corsarias (2009).
Antón Figueroa publica Ideoloxía e autonomía no campo literario galego (Laiovento, 2010):
“A historia da literatura galega, como a de moitas outras literaturas, como a da literatura en xeral, é a historia dunha ambición permanente: a conquista da liberdade” (Galicia Hoxe, 8-2-2011).
 
Etiquetas: , , , , , , ,

Ningún comentario: