14.12.08

Noticias de literatura (50)

Nesta quincena, a prensa deixounos boas noticias literarias. Salientamos as que seguen.

Comeza decembro cun acto literario en honra de Blanco-Amor no que interveñen o PEN Clube e mais os alumnos do instituto que leva o nome do autor. Pasaron xa trinta anos dende que o autor nos deixou e cincuenta dende a publicación d' A esmorga. Rosa Veiga fala de Blanco-Amor como un autor "libre" e "rebelde".

Manuel Vidal Villaverde entrevista a Agustín Fernández Paz.

Bernardino Graña, premio Estornela de teatro. Un dos aspectos destacados da obra é o trato coidadoso da lingua.
Enrique Acuña dá un repaso á Guerra Civil.

Simposium sobre O porco de pé. Pasaron oitenta anos dende a súa primeira edición e, lamentablemente, a novela de Vicente Risco non perdeu actualidade. Así que, ó valor informativo que lle atribúe Fernández del Riego, habería que engadirlle o valor de sinalar co dedo a canto celidonio campa e trunfa polas nosas corredoiras (AP9 incluída).
O embigo do mar, de Luís Pousa, presentouse en Culturgal. O libro vén sendo o "mapa lírico" da Coruña, a identidade poética desta cidade, á que o autor paga o seu particular tributo.

Imaxes de Vieiros e Farrapos de gaita.

Ningún comentario: