31.10.14

Noticias de literatura-154. Outubro de 2014

[...]  coa representación dunha obra que reivindica a figura de Carlos Casares "como autor teatral", con As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (El Correo Gallego, 01-10-2014).
Publicada entre 1924 e 1932, Céltiga é unha das cabeceiras de referencia da prensa da diáspora galega. Agora, a colección íntegra, un total de 182 números, ve a luz, completamente dixitalizada, grazas á colaboración do Consello da Cultura Galega, a Universidade de Santiago, a Real Academia Galega, o Centro Ramón Piñeiro, a Fundación Penzol e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, que compartirán nos seus web esta publicación, cuxo derradeiro director foi Eliseo Pulpeiro (El Correo Gallego, 01-10-2014).
Ramón de Valenzuela Otero naceu no Pazo da Viña no concello de Silleda o 3 de outubro de 1914. Militante nas Mocidades Galeguistas, Ramón de Valenzuela é detido en agosto do 36 na Bandeira e preso na cadea de Santiago de Compostela. En 1939 exíliase en Francia e é detido tempo despois coa ocupación alemá e entregado á policía española polo que a prisión en Ávila é o seu novo destino. Casado con Mariví Villaverde, a quen coñece no tempo de Francia, a parella exíliase a Bos Aires onde publica en 1957 a súa primeira novela Non agardei por ninguén. Militante no PCE desde 1962, abandona o exilio arxentino en 1966 para se instalar en Madrid onde reside até pouco antes da súa 1980 na súa casa de Adina, Sanxenxo. Ese mesmo ano publicaría Era tempo de apandar. (Sermos Galiza, 02-10-2014).
El breve divertimento, destinado a niños a partir de 5 años, convierte con tono humorístico y surrealista, y a partir de unas ilustraciones expresivas y coloridas, un relativo problema en una gran virtud (La Voz de Galicia, 03-10-2014).

Premios da Crítica 2014
  • Xosé María Lema, Xosé Ramón Freixeiro, Poetas D(in)versos, Berrogüeto, Antón Pulido, Lois Patiño e o Grupo Cuevas foron os gañadores dos Premios dá Crítica 2014 (Galicia Hoxe, 12-10-2014).
  • [...] los Premios da Crítica de Galicia volvieron a convertir ayer a Vigo en el epicentro de la cultura, al reunir a más de 350 personas en la entrega de unos premios que crecen en modalidades al incluir por primera vez el galardón a la creación gastronómica (El Correo Gallego, 12-10-2014).

Xornalista, muller de teatro en sentido amplo -autora, intérprete, promotora, crítica...- e escritora, Lara Rozados está a punto de ver o seu primeiro libro de poesía publicado. C'O Caderno amarelo vén de gañar o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo (Carme Vidal, Sermos Galiza, 12-10-2014).
Antón Dobao volve á narrativa co libro As ilusións estrañas, un conxunto de trece relatos nos que o autor descobre o lado oculto do cotiá, a face extraordinaria, por veces desacougante, que se agocha nas aparencias (Carme Vidal, Sermos Galiza).
Despois da reunión que os membros do padroado dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística mantiveron na noite do luns, os nomes de Luis Davila, Andrés Torres Queiruga e o da asociación estradense A Xesteira sumaranse o vindeiro 13 de novembro á nomina de premiados pola súa labor en prol da difusión e normalización da lingua galega (Ana Cela/Sara Fontenla, Faro de Vigo, 22-10-2014).
O número de títulos publicados polos editores privados galegos baixa un 10,9 %, pasando dos 1.888 de 2012 (1.458 en galego, 397 en castelán e 34 noutras linguas) aos 1.682 de 2013 (1346 en galego, 315 en castelán e 21 noutras linguas) (Manuel Bragado, Galicia Confidencial, 20-10-2014).
No caso de “O Dragón…” é unha das escasísimas ocasións nas que o prestixioso Miguelanxo Prado traballa para os máis cativos así que se converterá asemade nun obxecto de valor para os coleccionistas [...].
No caso de “Mar interior” é o resultado da exposición do mesmo nome que se pode ver actualmente no Museo das Peregrinacións de Santiago. O mesmo Prado seleccionou a escolma de ilustracións que se recollen neste volume con tres criterios: intención retrospectiva, a fascinación por Compostela e a presenza do mar (El Correo Gallego, 27-10-2014).
Con 55 (Xerais) o escritor Xavier Queipo baleira o seu arquivo e recupera textos narrativos breves das últimas dúas décadas que suma a outros tantos inéditos para construír un libro co número de pezas literarias igual aos anos que tiña cando o preparou (Carme Vidal, Sermos Galiza, 27-10-2014).
A cantante Uxía leu no acto de despedida de Begoña Camaño esta carta na que a escritora transmite a súa alegría pola vida e o sosego diante dunha morte que sabe próxima (Sermos Galiza, 30-10-2014).

7.10.14

Vredaman (de Unai Elorriaga). Léxico

Exercicio de léxico para coñecedores da novela Vredaman (de Unai Elorriaga).
A actividade consiste en atinar co significado das palabras propostas, todas elas empregadas na novela que se cita.
Bo divertimento.

1.10.14

Noticias de literatura-153. Setembro de 2014


Desta volta, a AELG dirixirase a Sarria para “testemuñar a dimensión extensa da súa personalidade, activa e curiosa, polifacética, que sumou poesía, música e plástica” (Sermos Galiza).
Coincidindo co décimo aniversario a Fundación publica a correspondencia entre Manuel María e Otero Pedraio entre os anos 1951 e 1974 tirada dos arquivos persoais de ambos escritores mais unha nova edición dos Sonetos á Casa de Hortas, obra que estaba esgotada e que o escritor dedica a súa casa natal, agora Casa-Museo. Engadiranse aos tres títulos que viron a luz xa co selo da propia Fundación e que descubriron as obras inéditas Cecais unha luz, Os lonxes do solpor -poemario que saíu publicado canda o traballo musical de Uxía sobre poemas de Manuel María Andando a Terra máis o vídeo De amor e cantería, de Pixel Films que mereceu un Mestre Mateo- e o libro de ensaios Galiza. Até o fin de ano, publicaranse as reedicións de tres obras esgotadas de Manuel María (C.V., Sermos Galiza).
Faro de Vigo, 06-09-2014.
o poeta de Chantada que vén de gañar o premio Avelina Valladares con Andar ás apóutegas, a expresión que ten oído dos seus devanceiros na casa e que se refire á busca das flores do monte e que sinala, por así dicilo, a quen non está no regueiro (Carme Vidal, Sermos Galiza).
Con O caderno amarelo, a xornalista Lara Rozados resultou gañadora da sétima edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo-Entidade Local de Morgadáns (Sermos Galiza).
Conta a historia de Carlo, un rapaz que preocupado polo destino do seu irmán maior, Nicola, decide manifestarse trasladándose a vivir á terraza (Mónica Álvarez, El Correo Gallego, 17-09-2014).
Destácase de Campo o seu contributo á “dignificación e consolidación do galego como lingua vehicular", de maneira especial tamén como ensinante en distintos centros así como o seu compromiso coa defensa dos dereitos das mulleres(Sermos Galiza, 24-09-2014).
“¡Muera la intelectualidad traidora!”. “¡Viva la muerte!”. Non foron só os berros histéricos que proferiu o xeneral Millán-Astray nun momento de acaloramento. Son dúas frases que expresan o medo á  democratización da cultura que levou as elites do franquismo ao desmantelamento do sistema de escolas e de bibliotecas que a Segunda República conseguira erguer, e con el á depuración dos bibliotecarios e bibliotecarias que con el se comprometeran (Montse Dopico, Praza Pública, 26-09-2014).
es un volumen escrito "en prosa poética" que califica como "intermedio entre el relato espiritual, la breve novela y tal vez un cuento", ya traducido a más de veinte idiomas (El Correo Gallego, 28-09-2014).
premio que suma ao García Barros por Hora Zulú e ao de Novela por Entregas de La Voz por Game Over, títulos aos que compre engadir Peaxes, publicada en 2009 (Sermos Galiza).
A conmemoración dos 25 anos do Pen Galicia centrará a segunda xornada cunha mesa redonda con novelistas na que participarán Marilar Aleixandre, Alfredo Conde, Víctor F. Freixanes e Bieito Iglesias e moderará Inma López Silva para seguir con outra de poetas coa intervención de María do Cebreiro,Miguel Anxo Fernán-Vello e Modesto Fraga, moderados por Luciano Rodríguez, antes do “Encontro en Compostela” de Nélida Piñón, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Rivas (Sermos Galiza).
[...] a autora de A república dos soños, a novela máis ambiciosa sobre a emigración galega, e de cuxa publicación se cumpren agora trinta anos, pronunciou un discurso de agradecemento que ao mesmo tempo foi toda unha declaración de principios literarios (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 28-09-2014).

30.9.14

Xosé Filgueira Valverde / Ramón Otero Pedrayo. Epistolario


Quen se debruce neste Epistolario recompilado por María Jesús Fortes Alén decatarase do enorme desequilibrio de cartas escritas por Ramón Otero Pedrayo fronte ao número case que simbólico das escritas por Filgueira Valverde. De usarmos estes documentos como fonte para o coñecemento destas figuras senlleiras, fariámonos unha idea bastante cabal de Otero, pero a Filgueira só poderiamos intuílo.
No estudo preliminar (bilingüe), Ramón Villares destaca:
  1. as diverxencias de formación e sensibilidade dos dous persoeiros.
  2. as diferenzas xeracionais.
  3. as diferenzas de estilo: metáforas “a cachón” en Otero; “prosa eficiente” e erudita en Filgueira (p. 21).
  4. os asuntos tratados tamén van cambiando segundo o tempo e as circunstancias:
  • a depuración, restitución no posto e cátedra de Xeografía na USC, tras “once anos de ostracismo” (p. 26);
  • o silencio sobre a cuestión política;
  • os asuntos do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega;
  • as diferentes visións dos proxectos Historia de Galiza / Galicia Histórica; o primeiro viu a luz en Bos Aires, o segundo gorouse.
A guerra e a inmediata posguerra supuxeron un cambio de lingua e un
ralentamento na frecuencia epistolar. O cambio de lingua tamén é un trazo que caracteriza as cartas de ou para as mulleres. Tamén é significativa a escolla lingüística nos grandes proxectos históricos: a Historia dirixida por Otero, editada na emigración, redáctase en galego; para o proxecto do Instituto Padre Sarmiento, agarimado por Filgueira, “o vehículo expresivo non sería o galego” (p. 164).
Especialmente tristes son as referencias de Otero a Castelao: enfermidade, ocultación ás irmás, imposibilidade de viaxe á Terra, saudade pola morte, incautación e venda dos bens, falta de retrato no Boletín da RAG, as cousiñas que piden as irmás de Castelao (pp. 290, 391-1) para teren un recordo… Nesas cartas reflíctese o estado de ánimo que a desaparición do guieiro provoca nun exiliado do interior.
O carácter de Otero Pedrayo, esixente consigo mesmo e xeneroso cos demais, aparece a miúdo nestes escritos. Como anécdota abonda citar o desazo que lle producen os suspensos dos examinandos de reválida. Otero pide máis para outros que para si e recorre a Filgueira, a quen presenta como home ben relacionado nas altas esferas, para que bote unha man en situacións precarias ou mesmo hostís.
Dada a lonxevidade dos protagonistas, as cartas cobren un longo período da nosa historia (1927-1976): unha longa noite de pedra enmarcada entre dous tempos de esperanza.


Noticia da presentación da obra:
Foto:
Ramón Leiro/La Voz de Galicia





Xosé Filgueira Valverde / Ramón Otero Pedrayo, Epistolario. Museo de Pontevedra / Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, 2009.

19.9.14

"A semente" (de Víctor Campio Pereira)

No limiar, Xesús Alonso Montero descríbenos a un Víctor Campio Pereira González como persoa discreta e comprometida "coa causa universal da Xustiza". Defíneo como poeta elexíaco no senso machadiano do termo: "se canta lo que se pierde". Mais non todo o que se foi está perdido. Queda a memoria e o froito en novas xeracións, como vemos ao percorrer a obra deste autor.
En "A semente" non é precisa a referencia a Ramón Otero Pedrayo para entender a mensaxe, pero axuda a situar o poema nun tempo e nun espazo determinados. Sabemos que Otero viviu a noite de pedra condenado ao exilio interior. Os vencedores da guerra civil respectáronlle a vida --era católico e conservador--, pero depurárono e quitáronlle a cátedra. Tardaron una década en lla devolver. Coma outros vellos galeguistas, procurou non perder a esperanza e fixo sementeira agardando tempos 
Imaxe: alberguería.es
mellores.
O soneto de Víctor Campio Pereira comunica poeticamente esa situación: xeracións prometedoras ("trigo de luz"; "lentura de terra") que non puideron dar o froito esperado porque foron abafados nun "tempo de tebras" con "cascallos de odio"; recibiron o trato do inimigo vencido. Aínda así, nos tercetos ábrese o camiño da esperanza sementada pola voz do petrucio.

___________________
Víctor Campio Pereira, Quince sonetos de amor e once poemas máis. Antoloxía. Xunta de Galicia, 2011. Edición e limiar de Xesús Alonso Montero.

17.9.14

Durmido sobre os espellos. Léxico

Brincadeira léxica para lectores de Durmido sobre os espellos, de Jordi Sierra i Fabra.
As palabras e expresións están tiradas desta obra. O exercicio -que non rouba moito tempo- consiste en elixir o significado máis axeitado de entre os tres que se propoñen.

31.8.14

Noticias de literatura-152. Agosto de 2014

A viaxe de Gagarin é o máis recente título narrativo saído do maxín do incansable Agustín Fernández Paz, unha novela que ten un moito de libro de memorias ficcional e un non pouco de bildungsroman, de novela de aprendizaxe na que a infancia e adolescencia do mozo protagonista (un rapazolo da quinta do 1952 que, dende o 2011, lembra feitos e momentos acaecidos na década dos sesenta) son o territorio vivencial no que se desenvolve este relato. (Armando Requeixo, Praza Pública, 01-08-2014).
Dende hai uns anos a Asociación Cultural Morreu o Demo traballa en distintos eidos para
recuperar a memoria deste personaxe e dos propios titiriteiros. Ademais, reivindica a vixencia de Barriga Verde para a actualidade e pretende popularizar de novo o personaxe adaptándoo as inquendanzas da sociedade e ás actuais posibilidades de difusión (Praza Pública, 06-08-2014).
O libro Cantata a Ramón Cabanillas, presentado onte en Cambados, recolle poemas do autor cambadés, ilustracións e anotacións en xaponés para que os lectores do sol nacente poidan comprender globalmente os paisaxes descritos polo poeta (Rosario Ferreira, El Correo Gallego, 07-08-2014).
A obra foi traducida por a poeta búlgara Tsvetanka Elenkova, responsable tamén da tradución de 'A poesía completa' de Lois Pereiro (Galicia Hoxe, 08-08-2014).
Hимбъі é o título co que un equipo de tradutores do Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo traduciu ao ruso os Nimbos de Xosé María Díaz Castro, autor do que se cumpre o primeiro centenario e ao que consagramos o ano en curso e o pasado Día das Letras Galegas (en Criticalia, blog de Armando Requeixo).
Os televisores estrábicos non é un libro da crise económica, senón dos procesos
 todos da vida, a cal ten cousas boas e duras. Os relatos, dalgunha maneira, tratan de contar que, por moito que queime, a vida hai que pelexala, disfrutala... (entrevista con Patricia Blanco, La Voz de Galicia, 18-08-2014).

Antón de Santiago, Custodio ou  a fe do carboeiro
recrea dende un punto de vista humorístico o célebre roubo do Códice Calixtino (La Voz de Galicia, 26-08-2014).