31.10.14

Noticias de literatura-154. Outubro de 2014

[...]  coa representación dunha obra que reivindica a figura de Carlos Casares "como autor teatral", con As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (El Correo Gallego, 01-10-2014).
Publicada entre 1924 e 1932, Céltiga é unha das cabeceiras de referencia da prensa da diáspora galega. Agora, a colección íntegra, un total de 182 números, ve a luz, completamente dixitalizada, grazas á colaboración do Consello da Cultura Galega, a Universidade de Santiago, a Real Academia Galega, o Centro Ramón Piñeiro, a Fundación Penzol e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, que compartirán nos seus web esta publicación, cuxo derradeiro director foi Eliseo Pulpeiro (El Correo Gallego, 01-10-2014).
Ramón de Valenzuela Otero naceu no Pazo da Viña no concello de Silleda o 3 de outubro de 1914. Militante nas Mocidades Galeguistas, Ramón de Valenzuela é detido en agosto do 36 na Bandeira e preso na cadea de Santiago de Compostela. En 1939 exíliase en Francia e é detido tempo despois coa ocupación alemá e entregado á policía española polo que a prisión en Ávila é o seu novo destino. Casado con Mariví Villaverde, a quen coñece no tempo de Francia, a parella exíliase a Bos Aires onde publica en 1957 a súa primeira novela Non agardei por ninguén. Militante no PCE desde 1962, abandona o exilio arxentino en 1966 para se instalar en Madrid onde reside até pouco antes da súa 1980 na súa casa de Adina, Sanxenxo. Ese mesmo ano publicaría Era tempo de apandar. (Sermos Galiza, 02-10-2014).
El breve divertimento, destinado a niños a partir de 5 años, convierte con tono humorístico y surrealista, y a partir de unas ilustraciones expresivas y coloridas, un relativo problema en una gran virtud (La Voz de Galicia, 03-10-2014).

Premios da Crítica 2014
  • Xosé María Lema, Xosé Ramón Freixeiro, Poetas D(in)versos, Berrogüeto, Antón Pulido, Lois Patiño e o Grupo Cuevas foron os gañadores dos Premios dá Crítica 2014 (Galicia Hoxe, 12-10-2014).
  • [...] los Premios da Crítica de Galicia volvieron a convertir ayer a Vigo en el epicentro de la cultura, al reunir a más de 350 personas en la entrega de unos premios que crecen en modalidades al incluir por primera vez el galardón a la creación gastronómica (El Correo Gallego, 12-10-2014).

Xornalista, muller de teatro en sentido amplo -autora, intérprete, promotora, crítica...- e escritora, Lara Rozados está a punto de ver o seu primeiro libro de poesía publicado. C'O Caderno amarelo vén de gañar o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo (Carme Vidal, Sermos Galiza, 12-10-2014).
Antón Dobao volve á narrativa co libro As ilusións estrañas, un conxunto de trece relatos nos que o autor descobre o lado oculto do cotiá, a face extraordinaria, por veces desacougante, que se agocha nas aparencias (Carme Vidal, Sermos Galiza).
Despois da reunión que os membros do padroado dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística mantiveron na noite do luns, os nomes de Luis Davila, Andrés Torres Queiruga e o da asociación estradense A Xesteira sumaranse o vindeiro 13 de novembro á nomina de premiados pola súa labor en prol da difusión e normalización da lingua galega (Ana Cela/Sara Fontenla, Faro de Vigo, 22-10-2014).
O número de títulos publicados polos editores privados galegos baixa un 10,9 %, pasando dos 1.888 de 2012 (1.458 en galego, 397 en castelán e 34 noutras linguas) aos 1.682 de 2013 (1346 en galego, 315 en castelán e 21 noutras linguas) (Manuel Bragado, Galicia Confidencial, 20-10-2014).
No caso de “O Dragón…” é unha das escasísimas ocasións nas que o prestixioso Miguelanxo Prado traballa para os máis cativos así que se converterá asemade nun obxecto de valor para os coleccionistas [...].
No caso de “Mar interior” é o resultado da exposición do mesmo nome que se pode ver actualmente no Museo das Peregrinacións de Santiago. O mesmo Prado seleccionou a escolma de ilustracións que se recollen neste volume con tres criterios: intención retrospectiva, a fascinación por Compostela e a presenza do mar (El Correo Gallego, 27-10-2014).
Con 55 (Xerais) o escritor Xavier Queipo baleira o seu arquivo e recupera textos narrativos breves das últimas dúas décadas que suma a outros tantos inéditos para construír un libro co número de pezas literarias igual aos anos que tiña cando o preparou (Carme Vidal, Sermos Galiza, 27-10-2014).
A cantante Uxía leu no acto de despedida de Begoña Camaño esta carta na que a escritora transmite a súa alegría pola vida e o sosego diante dunha morte que sabe próxima (Sermos Galiza, 30-10-2014).

Ningún comentario: