Imaxe de Pasando páxinas. |
O presente cuestionario ten a intención de servir de guía de lectura e base para coloquio. (Tamén podería servir para un control da lectura, pero isto xa sería ter mala idea.)
Velaí van as cuestións:
- Argumento desta novela gráfica.
- Marco cronolóxico e feitos históricos que se citan. (Tamén se poden relacionar aqueles movementos sociais aos que o protagonista foi alleo.)
- Análise da figura da nai.
- Describe a política do casino.
- Análise das clases sociais que aparecen nesta novela gráfica e o ámbito en que se moven.
- Descrición do bandoleirismo segundo a novela.
- Análise do sistema penitenciario do que se "gozaba" na época.
- A emigración. Repárese na idea que tiña dela o protagonista.
- Breve análise -sempre segundo a obra- do papel da Igrexa no mundo rural.
- O punto de vista adoptado para contarnos a historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario