Fóisenos Agustín Fernández Paz; quédannos as súas palabras e o seu amor polas palabras de todos.
Trátase dun traballo que toma como referencia aquela «pelerinaxe», como habería de referenciar Otero o seu relato nun libro de 1929, para explorar as relacións entre a viaxe, nomeadamente a pé, e no que os homes da Xeración Nós percorren camiños canda Josep Plá, Mark Twain, Bruce Chatwin, Paul Bowles ou Sebald. Para todos eles, a viaxe, física e intelectual, foi decisiva nas súas obras (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 05-07-2016).
A historia arranca cunha conversa entre un estudante, Xurxo, e Dafne, quen traballa como camareira nun dos bares da zona vella compostelá (La Voz de Galicia, 08-07-2016).
Marilar Aleixandre, quen conta cun amplo número de publicacións traducidas ao portugués, ao castelán, ao catalán, ao vasco e ao inglés, ademais de numerosos premios tanto pola súa produción literaria como pola súa traxectoria profesional (La Voz de Galicia 09-07-2016).
Dedícase sobre todo á publicación de poesía, pero entendida nun sentido amplo. Considero ademais que a poesía non é algo que se limite estritamente á literatura. O primeiro libro que publicamos titúlase Querido Eduardo e consiste nunha recopilación das cartas que escribiu o dirixente galeguista Ramón Suárez Picallo a Eduardo Blanco Amor entre 1931 e 1946 (entrevista de Francisco Albo a Antón Lopo, La Voz de Galicia, 15-07-2016).
[...] Inma López Silva foi elixida onte polo xurado como premiada pola Fundación Ínsua dos Poetas, qiue otorgoulle o recoñecemento pola súa creación literaria (El Correo Gallego, 16-07-2016).
Unha das obras que están, desde a literatura galega, a tratar o xeito no que a "crise" está a ser utilizada para riparnos dereitos. O impacto cotián da falacia. Da estafa organizada (Montse Dopico, Praza Pública, 15-07-2016).
[...] os antecedentes da literatura galega, como a maior parte dos nosos antecedentes culturais, áchanse na nosa traxectoria medieval: e non é nada curioso (entrevista de M. Obelleiro, Sermos Galiza, 16-07-2016).
A actualidade soe marcar as tramas na procura da complicidade dos lectores, aínda que tamén evito a retórica. Intento ofrecer lecturas parellas de temas que ao tempo asoman o lado escuro da condición humana. Por desgraza a especulación mantense viva, como a violencia contra as mulleres e a súa explotación (entrevista de Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 19-07-2016).
A candidata dá voz a unha desas familias para que os seus membros relaten en primeira persoa o seu impacto (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 20-07-2016).
Esta peza teatral pretende poñer en relevo a memoria histórica contrapoñendo o máis escuro do noso pasado co que está a suceder no noso presente (Galicia Hoxe, 20-07-2016).
Ningún comentario:
Publicar un comentario