5.7.16

Noticias de literatura-174. Xuño de 2016

Euloxio R. Ruibal, A enchenta (edición trilingüe)
No estudo introdutorio a profesora Reck refirese aos "Novos Teatros" de España, que xorden no último tercio do século XX coma froito da diversidade cultural do Estado. Concretamente advirte que no decenio final do franquismo o teatro galego renace con acenos vangardistas, grazas á Mostra e o Certame "Abrente" de Ribadavia, enlazando coa dramaturxia de Valle-Inclán, o inventor do "esperpento", e co "teatro de arte" en lingua galega, que tentaron realizar Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e os membros da Xeración Nós (El Correo Gallego, 02-06-2016).
[...] alumea na súa primeira novela o vigoroso universo social, territorial e lingüístico dunha Galicia medieval escurecida. E faino a través da relación epistolar de dúas mulleres, a mística alemá Hildegarda Von Bingen e a abadesa Guiomar de Ramirás (La Voz de Galicia, 03-06-2016).
Un relato no que a memoria histórica abrolla debaixo dun enigma familiar (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 03-06-2016).
A gala literaria de Xerais consistiu nun acto literario-musical, celebrado no auditorio da illa de San Simón (La Voz de Galicia, 05-06-2016).
Ademais das novas historias, a obra conta cun valor engadido: as fermosas ilustracións creadas por unha das autoras galegas con maior proxección no sector, Antía Barba Mariño, e que, grazas ao gran formato da obra, acadan unha relevancia transcendental facendo do libro "unha auténtica xoia" (Mario Álvarez, El Correo Gallego, 08-06-2016).

En España, en plena Guerra Civil, a historia dun touro pacifista que, coa súa desobediencia ás normas establecidas, transmitía unha mensaxe antibélica moi perigosa para os que avogaban pola guerra, non puido evitar ser censurada (R. García Pedreira, El Correo Gallego, 12-06-2016).
[...] o escritor e guionista Jacobo Paz Limia aínda quixo dar un ingrediente máis á súa última obra para captar a atención do lector: convertelo no protagonista da historia, no lobishome (El Correo Gallego, 17-06-2016).
Neste relato hai unha firme aposta por temáticas que pasaron practicamente desapercibidas na literatura galega, como é a dun sector marítimo das mercadorías e dun pobo «que saltou do arado romano a moverse con facilidades polas rúas de Nova York», en palabras de Gago (Antón Parada, La Voz de Galicia, 19-06-2016).
Trátase dunha singular obra na que Fraga nos introduce na vida do escritor Robert E. Howard, creador de personaxes como Conan e membro do círculo de Lovecraft, a través dunha ficticia serie de cartas que Howard intercambiaría con mestre do terror cósmico para lle explicar os motivos polos cales decidira suicidarse (Alberto Ramos, Praza Pública, 24-06-2016).
A profesora xa xubilada da Universidade de Vigo Marta Dahlgren, nacida en Suecia e especializada entre outras materias en Literatura Inglesa e Semántica, é a gañadora da XV edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola súa tradución directa do sueco ao galego da novela Kallocaína, da escritora sueca Karin Boye (Praza Pública, 24-06-2016).

Ningún comentario: