o acto decorreu coa axilidade e emoción de sempre, sen dúbida debidas á veteranía da organización
e á expectación que xera un premio tan recoñecido, necesario e portanto valioso para o sistema literario como este de Arteixo (Alfredo Ferreiro, Praza Pública).
Este libro ven sendo a continuación do outro (Os ángulos da brasa). Eu non teño máis que un libro con distintos títulos, pero é o mesmo sempre. Non ves acabado nunca un libro, quedan flecos, cousas por dicir e entonces queres rematalo e volves outra vez a escribir e non acabas tampouco porque, como dicía o bo de Octavio Paz, un escritor que leo moito, non facemos máis que un proxecto de libro, dese libro que nunca chegamos a escribir. Ten razón, estamos sempre na mesma historia, dándolle voltas ao mesmo (Rodri García, La Voz de Galicia, 06-06-2014).
un breve libriño pero de gran impacto que invita ao lector a ir máis alá das cousas, da súa esencia, a abrir a percepción tras as posibilidades aparentemente ocultas das cousas (en boa medida, o fundamento da filosofía e tamén da ciencia) (La Voz de Galicia, 06-06-2014).
- “O premio recoñece unha maneira de facer literatura”. Entrevista con María Reimóndez (J. L. Vigo, La Voz de Galicia, 08-06-2014).
- “Festa das letras nos Premios Xerais” (Praza Pública).
- “María Reimóndez, Ledicia Costas y Eduardo Santiago ganan los Premios Xerais 2014”, El País, 07-06-2014.
- María Reimóndez fala sobre Desde o conflito con Montse Dopico (Sermos Galiza).
un libro contra a desmemoria na que o autor regresa aos anos sesenta a través das lembranzas de Miguel, unha personaxe que ben podería ser calquera membro da súa xeración (Alberto Ramos, Praza Pública).
Recibiu o Premio Trasalba e, máis unha vez, presentouse herdeiro dos soños da xeración Nós. O escritor Agustín Fernández Paz criticou no seu discurso a condición de "libertade limitada" que padecen @s galegofalanes e lamentou o doado que é desfacer o que tanto tempo "custou construír" (M. L., Sermos Galiza)
- El escritor Agustín Fernández Paz ha recibido este domingo el XXXII Premio Trasalba (El Correo Gallego, 30-06-2014).
- El escritor Fernández Paz recibe el Trasalba por su compromiso con el gallego (Atlántico, 30-06-2014).
Baixeras constrúe un novo libro arredor da memoria e a experiencia vital, “un discurso lírico que procura en todo momento a emoción do lector”, dixo (Sermos Galiza, 12-06-2014).
Con Caderno do Nilo o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias constrúe a súa viaxe poética a través da historia, a memoria, a cultura e a procura interior. O escritor conta cunha sólida traxectoria poética que se inicia con Silencios e conversas de Inverno en 1978, e na que se inclúen títulos como A Árvore das sete palabras, Do olvido o río, O rostro da Terra ou O rumor do distante (Carme Vidal, Sermos Galiza, 13-06-2014).
A obra 'Caderno do Nilo' de Cesáreo Sánchez Iglesias foi a gañadora da modalidade de creación literaria dos 'XXIX Premios Antón Losada Diéguez', que recoñeceron a 'Trastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais', de Antón Cortizás, na categoría de investigación e ensaio (Luís Mato, El Correo Gallego, 15-06-2014).
Ten compartido épocas co Marqués de Sargadelos, María Pita, e agora, nas rúas compostelás, co comisario Andrés Salorio (Xosé Antonio López Silva, El Correo Gallego, 14-06-2014).
- “Eu son novelista”. Entrevista de Alfredo Conde con Héctor J. Porto, La Voz de Galicia, 23-06-2014).
Figura como salido de la imprenta en diciembre de 2008, pero ese fue el único viaje que hizo. Herbas de cego desde entonces “bajo custodia” en dependencias del Ayuntamiento, en concreto en el Museo Municipal. De Dios falleció en agosto de 2010 sin llegar a verlo (Xosé Manuel Pereiro, El País, 16-06-2014).
Raros e curiosos contén un fato de relatos, de «crónicas delirantes cuxo fío condutor son uns personaxes estrambóticos». Mantén, iso si, un denominador común omnipresente, imprescindible, nos seus traballos (e que afecta, por suposto, á súa obra gráfica, á caricatura política): un humor raiano no absurdo, no surrealista, no disparatado (Héctor J. Porto, La Voz de Galicia, 22-06-2014).
Cúmprense este 28 de xuño vinte anos da morte do poeta, profesor e tradutor Evaristo González,
máis coñecido por Evaristo de Sela. Figura fundamental no mundo da tradución, a obra de Homero chega á nosa lingua da súa man (Xosé Abilleira Sanmartín, Sermos Galiza).
Ningún comentario:
Publicar un comentario