A historia transcorre na oficina nos momentos previos á fusión das
empresas Ceres e Renar. O cerebro desta importante e delicada operación (Xiao) atópase nun estraño proceso de transformación en árbore. Cando o xefe (Pedro) se decata, xa non ten marxe de manobra para adiar o encontro co directivo da outra empresa.
Ao virar en árbore, Xiao adquire a capacidade de comunicarse con outro personaxe que resulta ser unha testemuña excepcional de acontecementos secretos: a mesa de cereixo salvaxe. Será pola mesa que saberá Xiao da traizón que lle está preparando Pedro, da infidelidade da súa futura esposa Estela e da marxinación do culto e inocente Fabricio.
Xiao acepta a transformación en árbore como unha forma de liberación das miserias humanas. Amósase un chisco hipocondríaco e manifesta a súa preocupación polas molestias de fungos e insectos, pero espera botar raíces nun terreo axeitado para a aciñeira en que se está a converter. Tamén o fai feliz a idea de que a súa cortiza sirva para deixárense os namorados mensaxes de amor e para que a numerosa familia de Fabricio poida xantar á súa sombra cando vaia de excusión.
O bando dos bos (Xiao e Fabricio)abandonan a oficina na procura da salvación. O bando dos ruíns (Pedro, Estela, o xefe de Renar) terán ante si un futuro de pelexas e traizóns.
Falan da peza en
- Teresa González Costa gana el I Premio MOME de Teatro con Madeira de gañador, Faro de Vigo, 15-06-2011.
- Teresa González Costa gaña o I Premio MOME de Teatro Varela Buxán, El Correo Gallego, 15-06-2011.
- El Premio Mome de teatro, para una super galardonada, M. Garabantes, La Voz de Galicia, 15-06-2011).
Teresa González Costa, Madeira de gañador. MOME, Pontevedra, 2012.
Ningún comentario:
Publicar un comentario