Este poema é o pórtico de Raíz da fenda e pon ante os ollos do lector a estrutura da obra. Nas súas cinco tiradas de versos e no seu contido están recollidas as cinco partes estruturais, ou "fendas", do poemario, que se corresponden coas vivencias da morte de seres queridos, do desamor, da enfermidade e da derrota, da procura dun lugar na familia ou da ferida que provoca a propia creación literaria.
Falan do poemario
- Raíz da fenda (Berta Dávila). Ficha editorial.
- Raíz da fenda, de Berta Dávila. Caderno da crítica.
- Presentación de Raíz da fenda, de Berta Dávila. Blog de Dores Tembrás.
- “Berta Dávila: ‘Cando escribimos ficción contamos moitas verdades’”, entrevista con Carme Vidal, Sermos Galiza.
Berta Dávila, Raíz da fenda. Vigo, Xerais, 2013.
Ningún comentario:
Publicar un comentario