30.4.14

Noticias de literatura-148. Abril de 2014

Sus libros y artículos, según ha destacado el Govern, "desarrollan una visión positiva de la identidad catalana y exploran vías de diálogo sobre la realidad política española" (El País, 02-04-2014).
unha historia de casualidades, encontros e esperanza protagonizada por un triángulo moi especial: Amanda, Uxío e Luís. Todos narradores das súas respectivas historias que se cruzan nunha fría estación de autobuses para non separarse xamais. Todos marcados por dous elementos comúns: a soidade e o fracaso (Laura Blanco, El Correo Gallego, 02-04-2014).
O xurado considerou a súa impecable traxectoria literaria, a singularidade e calidade da súa obra poética, a súa proxección universal, as colaboracións en revistas especializadas, ademais do seu traballo en publicacións colectivas, charlas e conferencias (Galicia Hoxe, 03-04-2014).
En Camarada: eu só quería facer algo bonito, atopamos varias voces poéticas coa orixe na mesma autora, desde a sensual ata a máis reivindicativa, pasando pola íntima e persoal. Falamos con Begoña dos puntos que distinguen o seu poemario e das súas visións a respecto da muller, da lingua e da poesía por suposto (Ramón Mariño, Praza Pública).
El Museo do Pobo Galego acoge desde hoy la exposición Manuel Rodríguez López, emigrante gallego, poeta obrero, dedicada al intelectual lucense (La Voz de Galicia, 10-04-2014).
Do poemario A Segunda Lingua, todos eles destacaron o seu «afán innovador que ofrece perspectivas e enriquecen o territorio poético actual en lingua galega» (Galicia Hoxe, 09-04-2014).
  • Yolanda Castaño presenta A segunda lingua (C. A., Sermos Galiza): “A obra galardoada significa un retorno á liña do erotismo de Yolanda Castaño, aínda que agora a súa expresión se faga máis dura e desencantada, quizabes nun tránsito de soidade que esixe un mínimo de presenza humana”.
“O nome do premio é tamén unha homenaxe ao propio grupo. Pareceunos moi acaído porque era un colectivo que mesmo traballando desde fóra foron quen de facer un traballo cultural e político de grande relevancia”, explica Rubén Requeixo (Sermos Galiza).
[...] a idea de remontar o propio río do tempo, volver deste o seu outono á ­primavera onde a estarán agardando o vals e a rosa. Nos poemas veranse reflectidos ­elementos da ­paisaxe evocada: os soutos, os ­prados, a chuvia, a area das ribeiras… (Amelia Ballester, El Correo Gallego, 21-04-2014).
O recurso ao paródico serve para articular un discurso que denuncia a representación da adolescente como consumidora baleira de identidade, e resulta literariamente hábil e eficaz para reverter, desde dentro, o clixé e a preconfiguración da imaxe da muller (Berta Dávila, El Correo Gallego, 26-04-2014).
Son dúas das autoras máis premiadas nos últimos meses. A lúa da colleita (Galaxia) de Anxos Sumai fixérase co García Barros. Raíz de fenda (Xerais) valeulle a Berta Dávila o Johán Carballeira e foi parte do recoñecemento que recibiu como mellor autora nos Anxel Casal da AGE. As dúas escritoras son agora galardoadas cos Premios da Crítica, Sumai en narrativa e Dávila en poesía (C. V., Sermos Galiza).
Los promotores del premio han valorado la dedicación del escritor al ámbito de la literatura dirigida a los más jóvenes, "donde ha conseguido una reconocida fama dentro y fuera de nuestras fronteras" (El Correo Gallego, 29-04-2014).
Caderno do Nilo (Xerais) de Cesáreo Sánchez Iglesias resultou gañador da XXIX edición do premio Antón Losada Diéguez na categoría de Creación Literaria [...] Na modalidade de Investigación e Ensaio, a obra gañadora foi Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, un catálogo explicativo dos xoguetes que constitúen un patrimonio único herdado de xeración en xeracións que elaborou o escritor Antón Cortizas despois de anos de traballo e estudo (C. V., Sermos Galiza).

Ningún comentario: