- A obra está inzada de manifestacións de racismo. Comentade polo miúdo este aspecto.
- ¿Que representa Juana na sociedade descrita na obra? Analizade, de paso, a evolución do personaxe ao longo da historia.
- Debatede sobre o significado da sorte para os desfavorecidos.
- O escorpión que picou o neno é un becho real, pero na obra colle tamén outros significados. Comentade este aspecto.
- Analizade a idea da vila como corpo social.
- ¿Por que se converte Kino en inimigo de todos?
- Segundo a novela, ¿que fai diferente o home dos animais?
- ¿Que ve Kino na Perla do Mundo?
- A perla, o escorpión, a man esfolada de Kino... teñen unha lectura simbólica. Explicádea. ¿Atopades outros símbolos na novela?
- Comentade os medos de Kino. ¿A que ten medo e por que?
- Contrastade as diferentes actitudes que sobre a perla teñen Juana e Kino.
- Comentade o significado que ten para Juana que Kino lle tivese dito: "Eu son un home" (cap. 5).
- O achado da perla supón para os protagonistas unha fronteira entre o seu mundo antigo e o mundo futuro. Analizade as características de cada un deses mundos.
- Comentade a solución final.
- Da lectura d'A perla, ¿tiramos algunha lección?
25.4.14
John Steinbeck. A perla. Cuestionario
Cuestionario para o club de lectura d'A perla, de John Steinbeck.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario