Microbios e outros paquidermos é un misterioso título no que leva pensando ben tempo un
Imaxe: Editorial Galaxia |
Fálasenos na presentación editorial dunha visión do mundo a través dun “labirinto de espellos”. Nese puzle atopamos de todo canto poida referirse aos humanos e as súas relacións: urbanidade, urbanismo, convivencia, relacións persoais, relacións de clases sociais, de países… Se reparamos na habitación do territorio, atopamos cidades especializadas (habitadas só por xentes de determinada profesión, con espazos prohibidos). Visto dende esta óptica deslocada, o ser humano é un becho máis ao que se lle poden aplicar produtos humanicidas, disecar en vida ou utilizar como boneco nas clases de anatomía.
En xeral, as relacións sociais preséntanse complicadas. Hai seres humanos que teñen como único acto social a despedida de morto. As variacións sobre contos clásicos espellan tamén este aspecto. O home aparece tratado como un ser máis ridículo do esperado. Nin os mitos se salvan: velaí temos a Tarzán coas lianas sabotadas polo mono ao que lle cambiou artisticamente nome e sexo.
O país aparece retratado nos aspectos máis salientables: o seu carácter de apéndice, deslocalizado e coa lingua estragada.
Moitos destes microrrelatos teñen como referencia unha noticia, unha película, un conto, un personaxe literario… Por iso piden a colaboración do lector. Avísanolo o autor na entrevista abaixo citada: é preciso “que o lector acabe de interpretalos”.
Malia o enfoque temático e os trazos de humor negro que o salpresan, o libro non aforra ironía e resulta de lectura moi gorentosa e recomendable.
Dictiografía
- “O escritor Fernando Díaz-Castroverde gaña o premio Repsol de narrativa breve”, La Opinión A Coruña, 30-11-2011.
- Nagore Menayo, “Fernando Díaz-Castroverde gana el Narrativa Repsol con 125 microrrelatos”, El Ideal Gallego, 15-09-2011.
- “Fernando Díaz-Castroverde recibe o V Premio de Narrativa Breve Repsol”, El Noticiero de Arteixo, 30-11-2011.
- Manuel Rodríguez Alonso, “Microbios e outros paquidermos. Fernando Díaz-Castroverde”, no blog Bouvard et Pécuchet.
- Francisco Martínez Bouzas, “Microbios e outros paquidermos, as minificcións de Fernando Díaz-Castroverde”, no blog Novenoites.
Fernando Díaz-Castroverde, Microbios e outros paquidermos. Vigo, Galaxia, 2011. Premio de Narrativa Breve Repsol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario