31.12.14

Noticias de literatura-156. Decembro de 2014

A Esmorga trátase dun dos clásicos máis relevantes da nosa literatura, e paréceme que os dous
Imaxe: A Esmorga Filme
produtos saen moi reforzados desta experiencia.
A película, dunha novela que é un clásico, e a novela dunha película que lle vai dar aínda máis proxección (B. P., Sermos Galiza, 02-12-2014).

Agora foi galardoado co primeiro premio do Certame de Poesía Afundación pola súa obra Bazar de Traidores. O poeta fala sobre o seu libro premiado: "O poemario en si está a crear e rompendo conceptos, e a actitude é bastante contundente. Algúns poemas son como unha labazada na cara. Creo que entre páxina e páxina igual pode ser bo tomar unha pausa". A obra é "creacionista" e está inspirada en David Bowie: "Hai un elemento básico que guía o poemario, que é a canción Heathen, e é case o único do libro que ten estrutura lineal" (Octavio Vellón, Praza Pública, 05-12-2914).

Erika e seu irmán Samuel buscan unha maneira de saír do noxo de vida que levan. Un temporal que move uns fardos de cocaína podería mudalo todo. Mais nada é fácil e ela acaba precisando a axuda de Ventura, unha peza máis dunha trama de narcotráfico e branqueo de diñeiro. Volven a marxinalidade, a miseria e a loita pola supervivencia na nova novela de Diego Ameixeiras, Conduce rápido (Montse Dopico, Praza Pública, 05-12-2014).

a imaxe dun protagonista infantil que afronta a existencia dos males da vida adulta sen vitimismo, que medra a pesar da dor que o rodea, e que é capaz, en definitiva, de aprender a vivir cando os maiores esqueceron o verdadeiro sentido da vida ou só poden limitarse a sobrevivir (Berta Dávila, El Correo Gallego, 09-12-2014).

Nacida en 1937 en Río de Janeiro (Brasil) y descendiente de emigrantes gallegos, Piñón ha recibido importantes premios por su obra, como el Juan Rulfo en 1995 y el Príncipe de Asturias de las Letras en 2005 (El Correo Gallego, 10-12-2014).

Carlos Casares. Compromiso con Galicia é un traballo do profesor Denís Vicente Rodríguez e no volume faise un repaso dos aspectos máis salientables da figura do escritor. A infancia entre o Ourense de nacemento e o Xinzo das orixes familiares e os anos iniciáticos, xunto co seu paso polo seminario, abren a publicación. A formación universitaria en Compostela e a influencia de Ramón Piñeiro; a madurez persoal, o compromiso político e o galeguismo cultural; a actividade como narrador, ensaísta e tradutor e o seu papel como orador e articulista centran os capítulos da obra, que incorpora ademais unha cronobiografía e unha bibliografía (Xosé Manoel Rodríguez, La Voz de Galicia, 13-12-2014).

[...] ten como protagonista un neno con febre a quen os antitérmicos que lle subministran os seus pais teñen o efecto secundario de producir uns soños do máis fantasioso (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 14-12-2014).

Salvador García-Bodaño, vigués de nacemento, criouse e formouse en Compostela. Escritor, poeta, crítico de arte, ensaísta e columnista de prensa sobre temas culturais e de actualidade, é una das figuras máis singulares e innovadoras pertencentes ao nexo da xeración das festas minervais (El Correo Gallego, 17-12-2014).

Son relatos de viaxes con historias que atrapan dende o primeiro intre, historias cheas de humanidade e de humor descubertas e contadas polo autor das series documentais da Televisión de Galicia Terras de Merlín, Terras do Leste e Terras de Acolá (inclúe un código “QR” con acceso directo á series da TVG que orixinaron estas viaxes) (El Correo Gallego, 16-12-2014).

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou onte en Donostia Nimbos/Argi-koroak, a edición bilingüe galego-éuscaro da obra díazcastriana coa que a Xunta de Galicia pecha a ampla programación de actividades e de proxectos postos en marcha co gallo da celebración das Letras Galegas 2014, dedicadas a Xosé María Díaz Castro (El Correo Gallego, 17-12-2014).

Hai máis de 30 anos que Alfonso Pexegueiro comezou ‘Lapsus’, a obra coa que Axóuxere inicia a súa colección de literatura. Nela, o autor de ‘Seraogna’ volve á infancia. Mais para erguer o berro contra maltrato máis intenso de toda a súa poética. E para dicir, unha vez máis, a violencia que alicerza a sociedade. Para demandar a construción dun mundo novo, desde a liberdade e o encontro (Montse Dopico, Praza Pública, 19-12-2014).

Na súa cuarta novela, todas premiadas e publicadas, Ramos recoñece dar un pincho e acadar unha altura literaria que nin el mesmo sospeitaba. Mergullado no mundo teatral inglés, Ramos artella unha obra na que se conta a biografía dun actor a través dunha longa entrevista (Carme Vidal, Sermos Galiza, 20-12-2014).

O “mítico” unicornio de cenorias que cabalgas os sábados de Ronseltz volve ás librarías da man de Edicións Positivas. O único libro do colectivo formado por Xabier Cordal, Manolo Cortés, Serxio Iglesias, Miguel Montes e Xoán Carlos Rodríguez está de novo en circulación vinte anos despois (C. V., Sermos Galiza, 22-12-2014).

O seu labor académico e como profesional do Dereito non lle impediu facer numerosos traballos xornalísticos, de feito foi colaborador durante moitos anos de La Noche, El Correo Gallego e O Correo Galego, e tamén doutros xornais galegos. Tamén foi prolífico na publicación de libros (Galicia Hoxe, 24-12-2014).

O libro Choven palabras no futuro conmemora o 25 aniversario de la Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), que situou a Galicia como un “referente” na literatura infantil e xuvenil na escena internacional (Mario Álvarez, El Correo Gallego, 24-12-2014).

    Desde que comecei a escribir o libro, tiven a sensación de que ía ser unha despedida nun sentido profundo. Non sabería dicir moito máis ca iso, que se trata dunha sorte de despedida, e coido que o proceso de escrita non me axudou a revelar moito máis. Ben pensado, tampouco hai nada do que estrañarse. A poesía é sempre un tatexar, un dicir sabéndose estraño (Noelia Gómez, Praza Pública, 28-12-2014).

As mulleres que transmiten a tradición. O tempo. O canto, o ritmo. A memoria. A cicatriz. A posibilidade do cambio. Abrir os ollos á luz. A imaxe. A emoción. Todo iso, e moito máis, é A distancia do tambor, (Espiral Maior), o poemario co que Eva Veiga gañou o XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño (Montse Dopico, Praza Pública, 26-12-2014).

El acadio es una lengua semítica extinta, hablada en la antigua Mesopotamia por asirios y babilonios durante el segundo milenio antes de Cristo. Se escribe usando un sistema de signos cuneiformes derivado del sumerio y su nombre procede de la ciudad de Acad. Uno de los pocos expertos que hay en Galicia en este idioma (aunque quizá sea el único) es de Ribeira y se llama Xosé Antón Parada Fernández (Suso Souto, El Correo Gallego, 29-12-2014).

Baixo este epígrafe, Elos de lectura recompila as obras recensionadas ao longo deste 2014 que remata (El Correo Gallego, 29-12-2014).

Miguélez-Carballeira non evita os terreos comprometidos e foxe da fidelidade aos mitos fundacionais para debullar a construción dunha identidade galega que foi presentada en clave feminina para afastala da política e á que, por outra banda, se lle aplicaron os ditados do patriarcado para construír o "relato da diferenza nacional galega" (David Lombao, Praza Pública, 30-12-2014).

Ningún comentario: