Novela negra de ritmo rápido e estilo periodístico, 31 noites conta as peripecias que nun tórrido
mes de agosto tivo que sufrir o protagonista narrador na procura dunha noticia de primeira plana que o mantivese no traballo. Así que o atopamos metido no mundo da noite: garitos, alcohol, droga, sexo, narcos, amizades perigosas e mentiras á muller. Cando ten á man todos os datos para publicar a noticia da súa vida, acaba sendo vítima das súas perigosas amizades e salva o pelello por pura carambola. Os “amigos” levarán a honra e o noso protagonista remata oficialmente morto, divorciado (a muller cobrará pensión de viúva) e emigrado en Alemaña con outra identidade. Irá sobrevivindo a forza de minijobs.
Imaxe:caferinoceronte |
A historia cóntanola o protagonista nunha lingua directa, crúa e sen concesións á tenrura.
Falan da novela
- Armando Requeixo, “A prosa eléctrica de Ignacio Escolar”, Nordesía 32, p. 6, Diario de Ferrol, 03-03-2013.
Ningún comentario:
Publicar un comentario