Cinco títulos de catro autores galegos xa están ao dispor dos lectores búlgaros na súa propia lingua. A Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e O lapis do carpinteiro -edición xa esgotada- de Manuel Rivas, veñen de sumarse Que me queres, amor?, do mesmo autor, a poesía completa de Lois Pereiro e Aire negro, de Agustín Fernández Paz (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 02-10-2013).
Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía
Manuel Álvarez Torneiro
Foto: Gustavo Rivas/La Voz de Galicia
Foto: Gustavo Rivas/La Voz de Galicia
Os ángulos da brasa xa recibira o Premio da Crítica e fora elixido o mellor poemario do 2012. Dende hoxe tamén suma para o seu autor, Manuel Álvarez Torneiro, o Premio Nacional de Poesía (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 08-10-2013).
- A poesía non serve para nada (Miguel Lorenci, La Voz de Galicia, 08-10-2013).
- Manuel Álvarez Torneiro (entrevistado por Rodri García, La Voz de Galicia, 09-10-2013).
- El Nacional de Poesía 2013 para Álvarez Torneiro (Xabier Sanmartín, El Correo Gallego).
- Manuel Álvarez Torneiro gana el Premio Nacional de Poesía (El País, 08-10-2013).
- O galego Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013 (De luns a venres, 08-10-2013).
Anxo Rei Ballesteros, Presenza dunha Ausencia. Sobre Maurice Blanchot
Axóuxere Editora publica Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot), un ensaio inédito do lembrado autor, falecido hai cinco anos. Na obra retoma a liña filosófica que desde a Modernidade interroga o ser humano polo feito imaxinario da súa elaboración como persoa: a literatura como expresión do ser (Anxo Pérez Pena, Praza pública).
Fran Bueno gaña o Castelao de Cómic
Catálogo oneroso de beleza gratuíta, del autor compostelano Fran Bueno, se ha convertido hoy en el octavo trabajo ganador del Premio de Cómic Castelao que convoca la Diputación de A Coruña (El Correo Gallego, 12-10-2013).
James Joyce: versión galega do Ulises publicada por Galaxia
Para a editorial, esta publicación constitúe "un acontecemento" para a literatura galega, que "implica poñer ao alcance dos lectores un libro referencial que xa foi soñado no seu día en galego polos membros da Xeración Nós" (Galicia hoxe, 16-10-2013).
- “La Editorial Galaxia publica la versión en gallego del Ulises de James Joyce” (El País, 16-10-2013).
Francisco Castro, O corazón de Branca de Neve
Francisco Castro
Foto: A. Ballesteros /La Voz de Galicia
Foto: A. Ballesteros /La Voz de Galicia
O sórdido mundo das mafias, a corrupción policial, a trata de humanos, o roubo de nenos... Un sinuoso e escuro camiño polo que transita o inspector Hermida (Galicia hoxe, 17-10-2013).
- Francisco Castro, O corazón de Branca de Neve , “unha novela que se publicou no diario cada día do mes de agosto e que agora vén de ver a luz en forma de libro” (Héctor J. Porto, La Voz de Galicia, 21-10-2013).
Riveiro Coello, Acordes náufragos
Libro de relatos, fantásticos os máis deles, enfiados pola traxedia do naufraxio e tocados case sempre pola vea amorosa e sentimental dos seus protagonistas (Galicia hoxe, 17-10-2013).
Afonso Eiré, Belesar
Nunha entrevista concedida a Europa Press, Eiré recordou que o encoro de Belesar foi "singular" tanto en Galicia coma en España no seu momento polo seu tamaño e dificultade técnica, e pronto se converteu en "símbolo do franquismo". "Era máis visitado que a Catedral de Santiago", sinalou o autor (Galicia hoxe, 17-10-2013)..
Isabel Minhós/Bernardo Carvalho, Grazas
No álbum pártese da visión infantil do mundo para recrear a realidade desde o punto de vista inxenuo e inocente dun neno que aprende coa observación e cos consellos das persoas máis influintes na súa vida (Ana Margarida Ramos, El Correo Gallego, 19-10-2013).
Xabier Cordal, Transmuta
[...] o xurado da modalidade de Creación Literaria acordou outorgar por maioría o premio ao poemario social Transmuta, do autor coruñés Xabier Cordal (La Voz de Galicia, 20-10-2013).
Manuel Gago/Manel Cráneo, Vento e chuvia
Imaxe: El País
A partir de la ingente información académica acumulada en las últimas décadas sobre los dioses de la Edad del Hierro, el periodista y divulgador cultural llena “los huecos” construyendo una recreación literaria, a través de diez relatos protagonizados por otras tantas deidades del panteón prerromano (El País, 21-10-2013).
- Alberto Ramos entrevista a Manuel Gago e Manel Cráneo (Praza pública).
- Presentación do libro Vento e chuvia (El Correo Gallego, 30-10-2013).
- “Vento e chuvia devolve á vida os deuses castrexos” (Tamara Montero, La Voz de Galicia, 31-10-2013).
Ramón López Vázquez presenta Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía
“Aparte de su labor como médico, García-Sabell fue el embajador de la fenomenología en Galicia y de sus autores de referencia, Heidegger y Joyce", ha subrayado López Vázquez (Xabaier Sanmartín, El Correo Gallego, 30-10-2013).
- “Unha obra artella ensaios e vida do ‘fenomenólogo’ García-Sabell” (E. Álvarez, La Voz de Galicia, 30-10-2013).
Ningún comentario:
Publicar un comentario