Raúl Dans estrea dobre publicación. Dunha parte Un mosquito de nome Henri, (Baía Edicións, con ilustracións de Jacobo Serrano), gañador do premio Barriga Verde de teatro infantil, e Unha corrente salvaxe, texto co que gañou o Premi Born e que publica no seu número de verán a Revista Galega de Teatro (Camilo Franco, La Voz de Galicia, 02-09-2013).
Manuel María, abre a casa do poeta en Outeiro de Rei
Foto: Álvaro Ballesteros / La Voz de Galicia
estarán reunidos os tres legados de Manuel María: a súa biblioteca, que estaba na Universidade da Coruña, o legado artístico que permanecía no Museo de Lugo e o literario que estaba a disposición da Real Academia Galega. Xunto a este material, a casa tamén conserva obxectos persoais e mobiliario utilizado polo poeta na casa na que naceu e que utilizou ao longo da súa vida, e na que escribiu unha parte da súa obra (La Voz de Galicia, 03-09-2013).
- “A Casa Museo Manuel María abre as portas para unificar o legado do poeta”, Galicia hoxe, 04-09-2013.
- “A memoria de Manuel María xa recibe visitas en Outeiro de Rei”, Xosé María Palacios, La Voz de Galicia 08-09-2013.
- “Manuel María ya tiene su Casa Museo en Outeiro de Rei”, El Correo Gallego.
- “Manuel María vuelve a su casa”, Alfonso Pato, El País, 07-09-2013.
- “Manuel María xa ten a súa casa museo”, Praza pública.
Gaivotas subterráneas premiada no Fetega
Gaivotas subterráneas competiu no festival con Románticos de Mofa e Befa, e co Método Gronholm de Talía Teatro (La Voz de Galicia, 07-09-2013).
Berta Dávila, VII Premio Repsol de Narrativa Breve con O derradeiro libro de Emma Olsen
Na presentación do fallo, o voceiro do xurado destacou a "madureza literaria" da autoria e definiu a obra gañadora como "un exemplar moi interesante dun subxénero literario típico da literatura inglesa". Ademais, subliñou que a narración está "moi ben adaptada ao número de páxinas", tal e como se pide no premio (Galicia hoxe, 17-09-2013).
- Berta Dávila entrevistada por Alberto Ramos, Praza pública.
Berta Dávila
Foto: Praza pública
Rosalía de Castro: edición de Cantares gallegos en ruso
A edición forma parte do Tomo XVIII da Antoloxía da literatura galega, publicada polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo, que dirixe Elena Zernova (La Voz de Galicia, 27-09-2013).
Encontro poético internacional na illa de San Simón
Yolanda Castaño (...) presentou en Pontevedra o libro resultante do primeiro encontro 'Con barqueira e remador'. Na edición deste ano, explicou, está previsto que participen os escritores Gökçenur, Kätlin Kaldmaa, Anna T. Szabó, Samira Negrouche, Lawrence Schimel, Xan Bello, e o galego Isaac Xubín (Galicia hoxe, 30-09-2013).
Ningún comentario:
Publicar un comentario