1.4.10

O primeiro de abril...

...van os burros onde non deben de ir. Téñollo escoitado á miña avoa para avisar das bromas que podían caer nun día coma hoxe.
Ignoro a razón pola que se pasou esta festa para o 28 de decembro... Por Europa adiante, e supoño que boa parte do resto do mundo, séguenselle gastando bromas ós inocentes o primeiro de abril. (En realidade, os "simples mortais" padecemos o rexoubeo dalgúns VIP todo santo o ano. Un día especial, nin se nota.)
A foto que pego aquí, mesmo tratándose dunha broma, vén sendo unha homenaxea Hans Christian Andersen. Non é que a Sereíña ande falta de apetito.
A foto e mais a crónica sobre as inocentadas do primeiro de abril podemos lela no xornal La Repubblica: a escultura orixinal está estes días na Exposición Universal de Shangai, e un fato de trangalleiros aproveitou a ausencia para colocar este monumento alternativo.
Que Deus nos dea ganas de rir.

Ningún comentario: