Sarah Waters
maniféstase orgullosa de ver a súa obra en galego. Refírese a Rolda nocturna (Galaxia), novela ambientada "no Londres de 1947". A escritora galesa gañou o VI Premio de Narrativa Europea Casino de Santiago con esta obra.
maniféstase orgullosa de ver a súa obra en galego. Refírese a Rolda nocturna (Galaxia), novela ambientada "no Londres de 1947". A escritora galesa gañou o VI Premio de Narrativa Europea Casino de Santiago con esta obra.
conversa con Manuel Vidal Villaverde sobre lingua e literatura.
Rematados os estudos universitarios, desempeñou diversos oficios e no 2004 emigrou a Canarias durante dous anos. Alí coñeceu de preto as condicións de vida terribles dos emigrantes chegados do chamado terceiro mundo. Na súa volta a Galicia publicou en 2008 o poemario Plan de Fuga en Estaleiro Editora, libro sometido a licencia creative commons. Logo da publicación duns poemas na Revista das Letras deste xornal, edítanlle as novelas Unha puta percorre Europa e Sidecar (Galicia Hoxe).
Román Raña
publica O incendio das palabras (Espiral Maior):
Román Raña viaxa á súa infancia e á sua adolescencia neste libro de incendios, luz cegadora e furor eterno. Gústalle estar nas alturas dos tellados, bailando coas mozas, el só ou cos amigos. As palabras precisas e luminosas do poeta conviven cos bosques tropicais de Australia, as rúas salgadas de Lisboa e o cheiro bíblico a churrasco. Se Román Raña tivese que definir o amor diría que "no amor aniña sempre a estrañeza" (Galicia Hoxe).
Marcelino Fernández Mallo presenta Klásicos:Fernández Mallo aproveita a figura dun fillo de bo berce para retratar con ironía as miserias dunha clase social que, inda sendo minoritaria, é a máis visible e, seguramente, a máis envexada. A este príncipe destronado polo cansanzo dos seus ricos proxenitores ábreselle diante dos ollos un mundo totalmente descoñecido que non comprende e que o asusta: a vida real. Eses temores materialízanse da forma máis cruenta cando se ve involucrado nun homicidio (Xornal de Galicia, 3-2-10).
Áncora Producións representará a obra Colgados: "a compañía galega continúa a darlles a voz a "personaxes perdedores na sociedade opulenta e marxinadora" (Galicia Hoxe).Pablo García Martínez,
gañador do Premio Biblos con Relato dun estalido xordo, fala con Manu López. Véxase tamén a entrevista de Pablo García con Ramón Vilar en Vieiros.
An Alfaya entrevistada no Galicia Hoxe (8-2-10).
Branca Novoneyra
publica Dentro do labirinto (Espiral Maior). Sinala Xosé Lois García que
Branca Novoneyra postula por unha poesía limpa, nun amplo espazo conceptual, mergullándose nunha dialéctica de contenda coas cousas que merecen definilas para utilizalas dentro de cada un do noso labirinto. Nese seu labirinto tan particular e nada estraño atopamos "unha fauna sobrenatural: arañas, moscas, cabalos, saltóns, zombis, peixes, desaparecidos. Tamén unha variada flora chea de palmeiras, acacias, rubideiras e capudres (Galicia Hoxe, 9-2-10).
PEN Clube de Galicia: VIII edición dos Premios Rosalía de Castro.Palabras para un baleiro
Xavier Castro comenta no Galicia Hoxe(13-2-10) o poemario de Baldo Ramos (Espiral Maior): "Quen se
deixe levar polas secuencias dos poemas e arrastrar pola eufonía de cada liña poética atopará poesía-límite, pintura e música, tres artes expresivas, comunicativas e plásticas indisociables do poeta e do pintor. Será que a pintura forma parte desa poesía calada e silenciosa e que a lírica, como afirmaba Leonardo, é a pintura cega..", conclúe o comentarista.
Súper López vai falar galego.
Imaxes: Sarah Waters (foto Tamara de la Fuente / Xornal de Galicia), Alberto Lema (Galicia Hoxe), Súper López (Galiciaé).
Ningún comentario:
Publicar un comentario