12.5.07

María Mariño. O mito


Co título de "María Mariño, realidade e mito" aclara Mendez Ferrín no suplemento "El Sábado", do Faro de Vigo, algúns dos misterios que rodeaban a figura da poeta.

Despois dun detallado percorrido polos camiños que puideron levar á crenza da existencia ou non de María Mariño, conclúe Méndez Ferrín:


María Mariño existiu e carne e óso e escribiu poemas que gozan de intensidade e orixinalidade inusuais. Non importa que se fagan novelas e se tramen fantasías sobre a biografía da poetisa. Hoxe, aos cen anos do nacemento de María Mariño, o que se espera é que sexa lida e que os seus textos lle digan aos máis novos aquilo que para nós pasou desapercibido.
Cousa que acontece só cos grandes.

Ningún comentario: