11.5.07

Cunqueiro


Lemos un longo artigo de Xabier Cordal no Galicia Hoxe que recupera a figura dun Cunqueiro de hai 30 anos. Refírse o articulista a un programa de TVE sobre clásicos vivos, e aconséllanos recuperar o Cunqueiro daqueles tempos a través de internet. O ciberenderezo do blog ó que se refire é http://www.blues-propicios.blogspot.com/ Titúlase o artigo do Blues "Entrevista con Álvaro Cunqueiro". Tamén podedes atopar o programa nestoutro enderezo: http://www.vieiros.com/nova/58031/reflexions-de-cunqueiro-sobre-o-ser-de-galiza.

Resulta agradable escoitar a Cunqueiro. Gastade un pouco de tempo na empresa. Total, trinta anos non é case que nada.

Ningún comentario: