O segredo de Marco Polo (de Francisco Castro). Test de lectura-2
Actividade para o club de lectura desta obra. A súa realización non levará máis de cinco minutos.
Sobre a novela
27.1.14
22.1.14
Unha carta de Umberto Eco
| Umberto Eco. Foto: l'Espresso |
| Imaxe: l'Espresso |
--Benquerido netiño, aprende de memoria.
Non se trata, asegura Eco, dunha recomendación de vello rosmón que se leva mal cos trebellos dixitais. Tales trebellos velaí están para seren usados por mozos e anciáns; facilitan a vida e axudan a atopar a información nun lóstrego. Pero non saben distinguir entre o útil e esterco informativo. Non poden substituír o cerebro nin o coñecemento.
O autor da carta quere advertir ao seu neto dunha enfermidade da que adoecen os mozos dos nosos tempos: a perda da memoria. E non se refire soamente a perda do gusto por meter cousas na cabeza, senón tamén a perigosa ignorancia de non querer saber das cousas que sucederon antes de nacermos e que están a condicionarnos a vida: "porque moitas veces aquilo que aconteceu antes explica por que certas cousas suceden hoxe". Eco concibe a memoria como un músculo que cómpre exercitar para non virar en idiotas.
Salto aquí os pequenos detalles, que Umberto Eco podería levar ata o infinito. Considero precioso o remate da carta: cando o neto chegue a vello, o exercicio da memoria teralle permitido vivir miles de vidas porque o que se aprende deste xeito converte ao estudante nunha sorte de protagonista dos feitos que estuda.
Non obstante o dito, sabemos de xente que considera o gusto por aprender como vicio de dexenerados. E tamén sabemos que existen gobernantes, noutras partes do mundo, que prefiren bueyes que aren y no gente que lea. O que non sabemos é se o consello de Eco pode terse en consideración nunha ensinanza de calidade.
Abur e sentidiño.
21.1.14
Premio Dardos
Hai uns días recibimos a sorpresa deste agasallo que nos fai Antonio Martínez, administrador do blog Iniciarte.Agradecémolo e aceptámolo con moita ilusión, especialmente por vir de onde vén.Somos seguidores de Iniciarte: representa para nós unha fonte de formación en arte e, sobre todo, un agasallo para os ollos.
Imos, xa que logo, a facer os deberes do agradecemento. Énos grato recoñecer "a creatividade, o esforzo e a dedicación para acadar unha calidade de contidos" destes blogs que relacionamos por orde alfabética:
Imos, xa que logo, a facer os deberes do agradecemento. Énos grato recoñecer "a creatividade, o esforzo e a dedicación para acadar unha calidade de contidos" destes blogs que relacionamos por orde alfabética:
- A profa
- Arquivos do Trasno
- Auga nos labios
- Biblioteis
- Blogmaestro
- Caderno de Lingua
- Camiño longo
- Coordinadora EDNL Redondela
- Club de lectura Elvilendo
- Criticalia
- Na punta da lingua
- Novas das bibliotecas
- Remexer na lingua
- SNL Redondela
- Trafegando ronseis
18.1.14
O segredo de Marco Polo (de Francisco Castro). Test de lectura-1
O segredo de Marco Polo (de Francisco Castro). Test de lectura-1.
Exercicio para club de lectura desta novela.
Sobre a novela: Francisco Castro, O segredo de Marco Polo.
Exercicio para club de lectura desta novela.
Sobre a novela: Francisco Castro, O segredo de Marco Polo.
11.1.14
Flor de area (de M. Lourenzo González). Léxico
Flor de area (de M.Lourenzo González). Léxico. Exercicio para o club de lectura desta novela (ou para quen queira divertirse, sen compromiso ningún).
Sobre a novela
Manuel Lourenzo González, Flor de area
Sobre a novela
Manuel Lourenzo González, Flor de area
6.1.14
Palabras de auga (de Marcos Calveiro). Test de lectura
Palabras de auga (de Marcos Calveiro). Test de lectura.
Esta actividade non esixe máis de cinco minutos de dedicación. Trátase dun divertimento para lectores desta novela que consiste, coma sempre, en atinar coa resposta axeitada á pregunta que se formula.
Outras actividades sobre a novela
Esta actividade non esixe máis de cinco minutos de dedicación. Trátase dun divertimento para lectores desta novela que consiste, coma sempre, en atinar coa resposta axeitada á pregunta que se formula.
Outras actividades sobre a novela
4.1.14
Xosé María Díaz Castro. Letras 2014. Achegas na rede
| Xosé María Díaz Castro Imaxe: RAG |
Designación da RAG
Día das letras Galegas a Díaz Castro (páxina da RAG).
O Día das Letras Galegas estará dedicado en 2014 ao poeta lugués Xosé María Díaz Castro (Galicia Hoxe, 21-06-2013).
- O Día das Letras Galegas 2014 dedicaráse á figura de Xosé María Díaz Castro, Galiciaé, 21-06-2013.
- Xosé María Díaz Castro elegido por la RAG para las Letras Galegas 2014 (El Correo Gallego, 22-06-2013).
- Xosé María Díaz Castro será o novo homenaxeado o Día das Letras Galegas (La Voz de Galicia, 21-06-2013).
Sobre o autor e a obra
- Xosé María Palacios entrevista a Alfonso Blanco, presidente de Xermolos (La Voz de Galicia, 23-06-2013).
- Armando Requeixo, “Unha aproximación a Nimbos de Xosé María Díaz Castro”, Eduga: revista galega do ensino, ISSN 1133-911X, Nº 12, 1996 , págs. 101-120.
- O instante eterno, Youtube.
- Marcos Pérez Pena, “Os Vilares: a terra baixo a poesía de Díaz Castro”, Praza Pública.
Referencias posteriores
31.12.13
Noticias de literatura-144. Decembro 2013
| Foto: delunsavenres |
A Real Academia Galega (RAG) prepara para 2014, con motivo do 35 aniversario do seu falecemento, diversas actividades ao redor da figura do escritor galego Eduardo Blanco Amor, autor dunha das obras máis seguidas da literatura galega, A Esmorga (De luns a venres, 02-12-2013).
Neira Vilas ha reconocido en una conferencia de prensa celebrada en Santiago la originalidad de un libro que a él nunca se le hubiese ocurrido hacer y ha valorado también la rapidez con la que se realizó (El Correo Gallego, 13-12-2013).
| Foto: Puri Sangiao/El Correo Gallego |
pola obra Cantigas para aprender a soñar. O certame literario convócao, con periodicidade bianual desde 2001, a Fundación Xosé Neira Vilas (El Correo Gallego, 16-12-2013).
- María Xosé Lamas gana el premio Arume de poesía (El País, 15/12/2013).
Xavier Queipo fala con Xesús Fraga sobre a versión galega do Ulises
-O traballo de Otero, esporeado sen dúbida por Risco, foi detonante e alicerce para nós aceptar este proxecto. Un traballo reconstructor dun elo que nos une cos antepasados, os que fixeron posíbel a continuidade da chama literaria. É pois homenaxe e recoñecemento dunha débeda. Ao tempo, proxéctase no futuro como unha dádiva para xeracións vindeiras (La Voz de Galicia, 18-12-2013).
Roberto Vidal Bolaño: balance das Letras 2013 feito por Marcos Pérez Pena
Como conclusión, Ruibal afirma que despois deste ano "coñecémolo máis, claro, pero sospeito que nos queda unha figura cun naris de pallaso asociada cunha idea que non é a que Roberto tiña dese puntiño vermello (Praza pública).
| Imaxe: Praza pública |
O seu autor insiste que non pretende dar “respostas” á cuestión, senón abrir debates e propoñer reflexións ao respecto dunha serie de cuestións que teñen que ver coa nación, a identidade, a convivencia, as formas de goberno, o nacionalismo ou o galeguismo (Praza pública).
28.12.13
Manuel Lourenzo González. Flor de area
| Imaxe: Edicións Xerais |
Flor de area é unha “obra que continúa o relato comezado en Irmán do vento” (2003), segundo se nos di na presentación editorial. Desta volta a narración vénnos da man da protagonista, que acouta as súas memorias entre os 14 e os 17 anos (marco cronolóxico 2003-2006).
No comezo da escrita, a rapaza atópase nun campamento militar onde se adestra para misións suicidas. Necesita escribir “para restaurar a fe e querer seguir vivindo” (p. 13).
Ao longo de 25 capítulos a moza Amrah vai debullando a súa curta pero intensa vida nun país oprimido por forzas estranxeiras e opresor para a súa propia xente, especialmente para as mulleres. No medio do seu relato aparecen poemas e textos do caderno do seu namorado Khaled.
Deste xeito, os lectores imos sabendo:
1. Da situación familiar: os conflitos, o divorcio dos pais, o reencontro co amor da infancia, que agora vive como granxeiro.
2. Da morte de Khaled e da recuperación do caderno “A miña casa no deserto”.
3. Do reingreso da protagonista nun grupo político.
4. Da espionaxe para o grupo clandestino.
5. Da visita secreta da nai e do vello (xuíz poderoso e socio do pai) coa que a prometeran en matrimonio.
6. Do contencioso con Israel. Da revisión do divorcio dos pais.
7. Do embarazo da protagonista.
8. Das dificultades para manter en segredo o embarazo e das complicacións que lle pode carrexar.
9. Da decisión de ter o fillo. Da fuxida para Kerbala, tapada coma se fose un secuestro.
10. Do encontro coa nai e do acubillo nun bonito apartamento.
11. Do nacemento do fillo, para o que dá o seu nome verdadeiro.
12. Do descubrimento do engano por parte do seu noivo xuíz. Da liquidación da compañía co pai, das hostilidades entre ambos os dous. Da reunificación da familia e dos plans para o futuro.
13. Da visita de Haythan. Da noticia de que os correlixionarios mataran a Khaled por traizón. Dos novos labores de espionaxe.
14. Do atentado. Do reencontro co coronel Mortimer e das sospeitas.
15. Do encontro cos integristas, da chamada de socorro a Mortimer, da malleira que reciben aqueles a mans dos axentes do coronel.
16. Da visita á súa amiga en Bagdad.
17. Da chamada de Hytham, da cea co coronel e do debate sobre a guerra. Das investigacións e transporte de material de guerra en cadaleitos. Do cesamento nos labores de espionaxe.
18. Da invitación á inauguración dun complexo turístico. Da descuberta da espionaxe e da morte do coronel.
19. Do plan para librarse da persecución dos sicarios do coronel. Da despedida do fillo e da fuga.
20. Do camiño cara ao campamento de instrución. Do desespero.
21. Das fotos e cartas e escritas e recibidas durante os nove meses de campamento. Do seu amigo palestino, a quen saca do analfabetismo.
22. Do agocho compartido co palestino Utba, das relacións sexuais e do inicio da redacción do seu diario. Da visita do Ben Laden. Da misión descoñecida.
23. Da misión abortada e da morte dunha familia en vinganda polo asasinato de Mortimer.
24. Da nova misión suicida: matar a Obama. Da viaxe aos EUA.
25. Do atentado frustrado. Do descubrimento da conxura de Haytham grazas ás pescudas do pai de Amrah e da liberación do preso número 11 de Guantánamo, que non é outro que Khaled.
Finalmente, un epílogo ganduxa as partes soltas da historia e anuncia un novo amencer e relaciona esta historia coa relatada en Irmán do vento.
Sen dúbida, o tema principal é a vivencia amorosa da protagonista. Para a rapaza a libre escolla de parella supón logros que van moito máis alá do sentimental ou sexual. Supón a superación das convencións sociais restritivas para as mulleres, en especial, pero tamén para os economicamente desfavorecidos; supón vencer o sometemento ás xerarquías familiares ou sociais para ser responsable das súas propias decisións e dona do seu propio destino, sen que iso signifique deixar de pertencer a unha familia ou a unha tribo (ou patria).
Canda este tema, o lector aprecia o desenvolvemento doutros coma o dos conflitos bélicos (a acción transcorre durante a ocupación de Iraq polos norteamericanos), a represión, a vinganza, a corrupción dos que aproveitan o río revolto para medrar, a insolidariedade, o abuso de poder, a traizón… Temática que contrasta fortemente co degaro da protagonista por vivir libre e en paz nun mundo gobernado pola xustiza.
O relato preséntasenos en forma de diario. Amrah escribe un caderno coas súas vivencias; mais o caderno vén sendo tamén a conticuación do que deixara escrito Khaled. Ambos os dous cadernos poden lerse como novelas de aventuras, sen esquecerse da importancia que teñen os datos históricos que neles se refiren.
Sitiografía
14.12.13
Palabras de auga (de Marcos Calveiro). Léxico-2
afín ou as afíns da dereita. Pode darse máis dunha posibilidade. O test dáse rematado nuns tres minutos.
11.12.13
Palabras de auga (de Marcos Calveiro). Léxico-1
Palabras de auga. Léxico-1. Exercicio de léxico para os grupos lectores desta novela de Marcos Calveiro. Pode realizarse en menos de cinco minutos.
10.12.13
Palabras de auga (de Marcos Calveiro). Cuestionario
| Imaxe: Edicións Xerais |
Para o club de lectura de Palabras de auga, de Marcos Calveiro.
Velaquí quedan un cuestionario e mais unha breve, pero interesante, sitiografía.
O cuestionario ten a boa intención de servir de base para coloquio sobre a novela e a cativa intención de que poida ser usado para un hipotético traballo de control.
A sitiografía é útil para un mellor profundamento na educación literaria.
CUESTIONARIO
- As palabras teñen un gran valor para a tribo dos Kimba. Comentade este aspecto reparando especialmente nas pp. 10, 11, 50, 134.
- Comentade o valor que os nenos dan á verdade e á mentira [p. 35].
- Analizade o papel das mulleres do clan.
- Jala educa o seu fillo para a supervivencia. ¿Que aspectos caracterizan esa educación?
- ¿Para que lles vale ao Kimba a sabedoría das mulleres?
- Segundo a novela, pode haber varias formas de perder un fillo. Coméntese cales.
- ¿É esperable o final da novela?
- Na novela fálase dos nenos soldado. Procurade fontes de información sobre esta lacra social.
- Describide o proceso polo que se pasa de neno a adulto no clan dos Kimba. comparádeo co mesmo proceso na nosa sociedade.

Imaxe: Ramón Trigo - Algúns personaxes da novela recorren ao castigo físico. ¿Por que? ¿Para que?
- Analizade a manifestación dos sentimentos entre os personaxes da novela.
- Os personaxes da novela falan suahili. ¿Que lingua é esa? ¿Onde se fala? ¿Cantos ususarios ten? ¿En que películas puidestes tela escoitado?
- No país imaxinario da novela, ¿como se explotan os recursos naturais?
- ¿Cales son as causas da fuxida do clan dos Kimba?
Sitiografía
- Armando Requeixo, “Baixo o lume do ceo”. Criticalia.
- Manuel Rodríguez Alonso, “Palabras de auga. Marcos Calveiro”. Bouvard e Pécuchet.
- Trasfegando ronseis, “Palabras de auga”.
- Mar Mato, “No me gusta la literatura que recrea un mundo feliz”, Faro de Vigo, 25-10-12.
- Rosé Carrera entrevista a Marcos Calveiro (Atlántico diario).
- Palabras de auga, na lista de honra do IBBY (El Correo Gallego, 29-08-13).
- “Entrevista a Marcos Calveiro sobre Palabras de auga”. Axenda cultural AELG.
- Un monte de ideas, “Visita de Marcos Calveiro”. Relatorio dunha experiencia lectora.
Marcos Calveiro, Palabras de auga. Vigo, Xerais, 2012. Ilustracións de Ramón Trigo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
