Imaxe: Edicións Xerais |
Para o club de lectura de Palabras de auga, de Marcos Calveiro.
Velaquí quedan un cuestionario e mais unha breve, pero interesante, sitiografía.
O cuestionario ten a boa intención de servir de base para coloquio sobre a novela e a cativa intención de que poida ser usado para un hipotético traballo de control.
A sitiografía é útil para un mellor profundamento na educación literaria.
CUESTIONARIO
- As palabras teñen un gran valor para a tribo dos Kimba. Comentade este aspecto reparando especialmente nas pp. 10, 11, 50, 134.
- Comentade o valor que os nenos dan á verdade e á mentira [p. 35].
- Analizade o papel das mulleres do clan.
- Jala educa o seu fillo para a supervivencia. ¿Que aspectos caracterizan esa educación?
- ¿Para que lles vale ao Kimba a sabedoría das mulleres?
- Segundo a novela, pode haber varias formas de perder un fillo. Coméntese cales.
- ¿É esperable o final da novela?
- Na novela fálase dos nenos soldado. Procurade fontes de información sobre esta lacra social.
- Describide o proceso polo que se pasa de neno a adulto no clan dos Kimba. comparádeo co mesmo proceso na nosa sociedade.
Imaxe: Ramón Trigo - Algúns personaxes da novela recorren ao castigo físico. ¿Por que? ¿Para que?
- Analizade a manifestación dos sentimentos entre os personaxes da novela.
- Os personaxes da novela falan suahili. ¿Que lingua é esa? ¿Onde se fala? ¿Cantos ususarios ten? ¿En que películas puidestes tela escoitado?
- No país imaxinario da novela, ¿como se explotan os recursos naturais?
- ¿Cales son as causas da fuxida do clan dos Kimba?
Sitiografía
- Armando Requeixo, “Baixo o lume do ceo”. Criticalia.
- Manuel Rodríguez Alonso, “Palabras de auga. Marcos Calveiro”. Bouvard e Pécuchet.
- Trasfegando ronseis, “Palabras de auga”.
- Mar Mato, “No me gusta la literatura que recrea un mundo feliz”, Faro de Vigo, 25-10-12.
- Rosé Carrera entrevista a Marcos Calveiro (Atlántico diario).
- Palabras de auga, na lista de honra do IBBY (El Correo Gallego, 29-08-13).
- “Entrevista a Marcos Calveiro sobre Palabras de auga”. Axenda cultural AELG.
- Un monte de ideas, “Visita de Marcos Calveiro”. Relatorio dunha experiencia lectora.
Marcos Calveiro, Palabras de auga. Vigo, Xerais, 2012. Ilustracións de Ramón Trigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario